Novas por contido

FEIJÓO "AGASÁLLANOS" ATÉ 0 31 DE MARZO DE 2013 COAS VACACIÓNS E ASUNTOS PROPIOS DE 2012

O venres 7 de decembro, a Dirección Xeral da Función Pública vén de ditar unha circular que alarga o perído de gozo das vacacións e días de permiso por asuntos persoais do ano 2012 até o 31 de o día 7 de decembro de 2012.

Na dita circular, Función Pública motiva esta decisión -que non foi negociada nin consultada coas organizacións sindicais- no feito de que os empregados públicos solicitan nas datas do Nadal os días de asuntos propios pendentes de gozar, combinado co incremento de carga de traballo propiciado polos "cambios normativos producidos".

Baixo este último eufemismo, a Administración vén a recoñecer o feito obxectivo do increcemento da carga de traballo por consecuencia dos recortes, co conseguinte deterioro da calidade dos servizos que os empregados públicos prestamos á cidadanía.

 

A pesar do que poida parecer, esta medida nin é produto da improvisación, nin é constitúe en realidade unha vantaxe obxectiva para os empregados públicos. O fin da circular é facilitar a xestión das denegacións de días de asuntos propios e vacacións durante o período do Nadal, demorando o límite temporal do seu gozo: se un traballador necesita solicitar un permiso os días 26 e 27 de decembro para visitar á súa familia, de nada de sirve que se lle permitan gozalo até o 31 de marzo de 2013.  

Por outro lado, outra proba de que a intención última non é o beneficio dos empregados públicos, é que unha medida que condiciona a planificación de vacacións e días de asuntos persoais, debería ter sido anunciada con anterioridade pola Administración. Ao se adoptar esta medida ao final do ano, créase un agravio comparativo en prexuízo dos traballadores que xa fixeron uso das súas vacacións e moscosos, descoñecendo que sería ampliado o período de gozo.

Ante este despropósito desde a CIG-Autonómica queremos facer algunhas consideracións sobre o marco normativo, que é aplicable nos mesmos termos a persoal funcionario e laboral:

1.- O EBEP no seu artigo 37.1.m) recolle a necesidade de negociar dentro do marco da Mesa Xeral de Negociación as materias referidas, entre outras cousas, a vacacións e permisos. Porén, en ningún momento se negociou esta medida con organizacións sindicais.

2- Que, segundo o EBEP, no seu artigo 50, as vacacións dos/as funcionarios/as serán durante cada ano natural.

3.- Que o período de gozo dos días de asuntos propios que foi comunicado inicialmente aos traballadores na maior parte dos departamentos é até o día 15 de xaneiro.

Por iso, desde a CIG-Autonómica demandamos que non se empregue a ampliación até o 31 de marzo de 2013 do período como excusa para denegar o gozo de vacacións ou días persoais, tendo en conta especialmente que o cambio de criterio debería terse comunicado aos traballadores con anterioridade.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.