Novas por contido

Quizá es mejor ponerles un subsidio a los funcionarios a que estén en la Administración consumiendo papel, consumiendo teléfono y tratando de crear leyes” (Juan Rosell, presidente da CEOE) 

Para facer o que fai este home, ben podería estar nas súa casa pero sen subsidio. Para o presidente da patronal o motivo da crise está claro: os traballadores queremos cobrar demasiado e traballar pouco, os parados son uns vagos e os funcionarios só estamos para “gastar papel e teléfono”. Desde a CIG esixímoslle una rectificación desta descualificación contra as persoas que facemos posíbel os servizos públicos con cada vez menos recursos.

O deste home xa non é novo, como tampouco o é a súa visión miope do que fai un traballador público. “Cantos funcionarios sobran”, lanzou cifras ao aire, “¿300.000? ¿400.000?”. Claro que sobramos funcionarios, sobramos funcionarios para meter as empresas dos seus amigos asociados a CEOE para facer o traballo que é noso: sanidade privada, ensino privado, servizos sociais privados... así lle vai ben señor Rosell?

 Quizais os que sobran nesta Adminstración nosa da Xunta de Galiza son algúns socios da Patronal, como son Plexus, Indra, Coremain, Altia, Atos Origin, Eulen, Clece, Fesán, Geriatros, Unisys, etc. Todas estas son empresas que, ou ben prestan Servizos Públicos de xeito directo ou colan asistencias técnicas pola porta de atrás. Non son 400.000 funcionarios os que sobran, os que sobran son estes patróns que teñen como único obxectivo o beneficio, pasando por riba de calquera dereito e conquista social se iso é necesario, e é o que está a pasar coa colaboración necesaria do goberno da Xunta, do goberno central e da Unión Europea.

Outra das perlas deste home na súa rolda de prensa de onte foi a seguinte:. “Estoy absolutamente convencido de que lo lía todo y al final sale una legislación tremendamente complicada y difícil. Parece que cobren cuanto más complicado sea”. Está claro que a este home lle molesta a lei, a normas e o todo control administrativo. En fin, non é de estrañar cando o predecesor na súa organización está acusado de varios delitos fiscais e moitos dos seus socios pasan máis tempo nos xulgados que nas súas empresas.

Que si señor Rosell, que “somos moi malos os funcionarios”, que “non facemos nada”, iso si, non renuncia aos millóns de euros de subvencións que se leva a súa organización de empresarios e que xestionamos os infieis funcionarios; non, neste sentido non lle fan noxos á xestión pública. Eses mesmos cartos de subvencións que moitas das empresas que representa fan mover despois en sobres entre Suíza e o partido do Goberno a cambio de contratos públicos e reformas laborais prêt-à-porter.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...