Novas por contido

Despois de dúas xuntanzas con Medio Rural polos cadrantes do SPDCIF para este ano, seguimos igual. A proposta da Consellaría do Medio Rural e do Mar é a seguinte:

- Domingos alternos en baixo risco e un 4-2 máis un domingo de cada 4 en alto risco.
- Dous días naturais ininterrumpidos de descanso por semana.
- Unhas ‘H’ repartidas ao longo do ano en baixo risco sen especificar cal é o seu significado.
- 16 días libres festivos dos cales, a metade, disfrutaranse no festivo correspondente e os restantes en días de traballo.
- 22 días hábiles de vacacións.
- Sen compensacións polos domingos e festivos traballados.

Os delegados e delegadas da CIG do SPDCIF non chegamos a comprender o por que desta negociación, xa que a día de hoxe aínda permanece vixente o acordo de condicións de traballo do SPDCIF incluido no V Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, no que claramente veñen reflectidos os nosos dereitos e deberes.

Lembramos que a Administración ten a obriga de elaborar os cadrantes antes de que remate o mes de decembroparaque entren en funcionamento no ano que comeza. En ningún caso as centrais sindicais teñen que elaborar cadrantes e a Xunta do Partido Popular está a confundir ás traballadoras e traballadores trasladando aos sindicatos unha responsabilidade que é exclusivamente súa.

Dende a CIG temémonos que tras este engano o que se agocha é a redución de días libres e, polo tanto, o incremento da carga de traballo dos traballadores e traballadoras do SPDCIF, paliando así o grande número de vacantes existente e evitando novas contratacións no noso servizo.

Entendemos que esta redución de descansos co conseguinte aumento nas horas de traballo produciría unha grave merma das condicións físicas e anímicas do persoal que acabarían desembocando nun aumento da siniestralidade (xa moi alta no noso servizo a día de hoxe) e que poñería en grave risco as nosas vidas.

Polo tanto, na CIG non daremos por bo ningún cuadrante no que se reduzan os nosos dereitos, gañados a pulso por un colectivo que leva demostrado durante moito tempo a súa profesionalidade e forza de sacrificio na loita contra os incendios forestais que ano tras ano arrasan a nosa terra.

Instamos á Xunta de Galiza a que manteña os cadrantes utilizados ata xullo do 2012 que si cumpren o estipulado no V Convenio e, de non ser así,faremos o necesario para evitar o atropelo dos nosos dereitos.

Os delegados e delegadas de Medio Rural da CIG sempre loitaremos pola defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras do SPDCIF.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...