Novas por contido

Mentres a Consellaría quere botar a 11 traballadores a rúa mantén o posto de subdirector dunha persoa que, a pesar de estar nomeada como tal, nunca pasou polo centro.

Pode existir un Centro Público que teña un Subdirector desde maio do 2012 e que non teña pisado o Centro? Pode ser que a Consellería de Traballo e Benestar teña creado ese posto de Subdirector, posto de Libre Designación, para darllo a unha persoa concreta? Pode que esa persoa concreta fora un funcionario do Concello de Boqueixón, Concello ao cal pertence tamén o Director Xeral da Xuventude -Ovidio Rodeiro Tato?

Pode que ese posto de Subdirector fora aberto excepcionalmente a funcionarios da Administración Local para que poidera ser ocupado por un funcionario dun Concello? Pode que ese funcionario do Concello de Boqueixón chamado José Manuel Abelleira Freiría sexa o Subdirector do Complexo Xuvenil “As Mariñas”, que non teña pisado o Centro e que desde o mes de maio do 2012 estea realmente dentro do Servizo de Participación Xuvenil dependente da Dirección Xeral da Xuventude?

Pode ser que este Subdirector que non exerce de Subdirector, cobre como Subdirector-nível 22- máis de 38.000 euros anuais sen contar a antigüidade?

Pois sí. Pode ser. E así é.

E a pesares destes antecedentes inmorais e escandalosos, de auténtico fraude, pode unha Consellería de Traballo atreverse a destruir agora 11 postos de traballo do Centro do cal é Subdirector o señor Abelleira Freiría, destruir agora 11 postos de traballo realmente existentes porque “hai que gastar menos”.

Esta é a política da Xunta de Feijoó que quer desmantelar o Complexo Xuvenil “As Mariñas” formado polo Albergue de Gandarío e o Albergue Mariña Española en base ao único criterio de aforrar diñeiro público a costa de destrozar os Servizos Públicos.

Destrozar os Servizos Públicos sí. Destruir postos de traballo sí. Amortizar sí, pero non amortizar un posto dun Subdirector que non exerce de Subdirector pero que é amigo do Director Xeral da Xuventude, e ademais de amigo, veciños de Concello.

Para isto dá o Partido Popular. Para destrozar os Servizos Públicos pero protexer aos amigos privados.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...