Novas por contido

A pasada semana, a Consellaría de Traballo anunciou a contratación de 20 persoas para o control da fraude nas prestacións do Plan Prepara. A CIG-Autonómica chama a atención no cinismo que amosa a consellaría, competente entre outras na promoción do emprego, quen contrata 20 postos ao tempo que leva destruido 223 nas oficinas de emprego entre xuño e decembro do 2012, e que nestes días está a despedir a máis persoal.

Chamamos tamén a atención na visión que teñen os responsábeis políticos da consellaría e do goberno do que é realmente importante en materias relativas a traballo:

  • Os 20 postos que van crear están dirixidos á controlar a fraude nas prestacións do Plan "Prepara" que reciben os desempregados e desempregadas que xa esgotaron tanto as prestacións como o subsidio e que percibirán 400 euros ao longo de seis meses.
  • Por contra, eliminan os postos de traballo encargados das tarefas de orientación laboral ou os encargados da supervisión e control das subvencións que reciben as empresas procedentes dos fondos europeos, ata o punto de que a día de hoxe non sabemos quen se vai encargar destas funcións.
  • Por se non fose abondo, estes últimos traballadores encargados da supervisión e control das subvencións, recibiron instrucións no mes de xaneiro do "subdirector xeral de Apoio á Contratación, ás Persoas Emprendedoras e a Traballo Autónomo" nas que, despois de narrar a importancia de xustificar as subvencións ante Europa, prioriza localizar aos cumpridores antes que destapar aos incumpridores para así evitar perder parte dos fondos comunitarios:

"Por último hai que ter en conta que o feito de que se leve a cabo esta revisión dos expedientes é independente de que, no caso de que o destinatario da axuda non cumpra cos requisitos esixidos en cada convocatoria, se lle inicie ou non o correspondente procedemento de reintegro da axuda percibida. É dicir, neste momento realízase o seguimento co fin de seleccionar todos aqueles expedientes que cumpren as obrigas e imputalos ao Programa Operativo Integrado de Galizia 2007-2013 como gasto elixible".

A política marcada por este goberno está ben definida: establecen un maior control sobre os parados e paradas tratando de criminalizalos por recibir axudas e retíranlles os servizos de orientación, ao tempo que fixan barra libre ás empresas para que fagan o uso que consideren dos fondos que reciben para o fomento do emprego.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.