Novas por contido

O xoves, 1 de agosto, aprobouse na Comisión de Persoal co noso voto en contra este anteproxecto de lei que supón máis fume que vender ao redor do sector público. Na realidade o que se fai é construír macroentes e dar apariencia de que se vai controlar a contratación administrativa, cando a diario vemos contratas e máis contratas con empresas privadas para facer o traballo propio de traballadoras e traballadores públicos. Recortamos no público e privatizamos os servizos; todo baixo palabras amables e "boas intencións".

Non aceptan ningunha das nosas alegacións excepto un parágrafo marxinal onde pretenden que con iso quede garantida a independencia funcional do director do novo Instituto do Instituto Galego de Estatística e Información Financeira. Dende a CIG pensamos que iso non é suficiente e que nos propios xenes desta nova axencia con competencias en materia estatística e á vez tributaria, contable, orzamentaria económico-financeira, está o problema, xa que vai ser case imposible manter esa independencia na práctica.

Con relación a esta nova axencia parécenos unha tomadura de pelo que se derrogue o artigo 39 da Lei 1/1988 de Estatística de Galiza onde se enumeran as funcións co IGE o que da mostra de que non se pretende unha fusión do IGE con CIXTEC senón unha absorción do primeiro que implica a súa desaparición ao limitarlle as súas funcións. E non podemos admitir como transacción un novo texto presentado pola Administración onde unicamente se limitan a poñer numeración ás poucas funcións que viñan no texto orixinal.

Con relación aos dereitos dos cidadáns, pensamos que a protección de datos de carácter persoal facilitados unicamente por razóns estatísticas, periga cando esta axencia ten esa vinculación directa con asuntos doutra natureza.

É tamén contraditorio co discurso de austeridade deste goberno (e xa sabemos para quen é a austeridade), que intenten introducir ás agochadas nesta lei a figura da persoa titular da secretaria xeral das entidades públicas instrumentais.

Tampouco aceptan ningunha das alegacións feitas polos compañeiros de Saúde e Ensino con relación ás demais entidades (Axencia Galega de Servizos Sociais, Axencia en Materia de Docencia, Formación, Investigación, Innovación e Avaliación de Tecnoloxías e Servizos Sanitarios e Axencia Galega de Sangue e Tecidos).

A última hora introduciron unha modificación da Disposición Derradeira 5º onde lle van dar cabida no Consello Galego de Benestar ás organizacións presentes na Mesa Xeral (CIG, CCOO, UGT e CSIF), cando a redacción anterior falaba só de tres membros polas organizacións sindicais máis representativas na CCAA (CIG, CCOO e UGT).

CIG- En contra

CCOO- En contra

UGT- En contra

CSIF- A favor

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...