Novas por contido

Hai unha cantinela ou mantra repetido constantemente polo Partido Popular e aplicado con man de ferro polo actual Presidente da Xunta da Galiza: a xestión dos servizos públicos por empresas privadas é mellor e máis barata que a xestión con persoal propio. Utilizan expresións como eficiencia, externalización, mellora da xestión, austeridade… Todo para encubrir a realidade: a xestión privada dos servizos públicos empeoraos e encarecelos.

Dende a CIG levamos moito tempo denunciando esta realidade e mobilizándonos contra a privatización e o desmantelamento dos servizos públicos. Unha das campañas que levamos a cabo foi a denuncia da eliminación e privatización dos comedores escolares, coa merma da calidade que isto supón para a alimentación das nosas nenas e nenos. E un dos lugares onde concentramos as mobilizacións foi no CEIP de Doiras, onde en colaboración coa AMPA fixemos concentracións, peches e festas reivindicativas.

A Consellaría de Educación seguiu para diante co seu afán destructor e privatizador: botou á rúa a unha cociñeira que viña elaborando os menús das nenas e nenos desa comarca da montaña luguesa, pechou a cociña e substituíu unha comida elaborada alí mesmo por outra elaborada no CPI de San Román de Cervantes e que ten que ser transportada durante media hora. Todo en aras da eficiencia, a mellora da xestión e a austeridade.

Vexamos os datos:

A cociñeira que despediu a Consellaría de Educación costáballe anualmente á administración 16.371,60 € de soldo + 5.140 € de cotización á Seguridade Social. Total: 21.511,60 €

O contrato, publicado na Plataforma de Contratos Públicos da Xunta de Galicia o 06/09/2013, para o “Transporte dos menús elaborados nas cociñas do CPI de Cervantes ata o comedor do CEIP Ponte de Doiras (Cervantes, Lugo) e outros servizos complementarios durante o curso 2013-2014”, realizado baixo a modalidade de contrato negociado sen publicidade, cóstalle á administración 24.957 € + IVE (5.241 €). Total: 30.198 €

O obxecto do contrato é o “transporte dos menús elaborados nas cociñas do CPI de Cervantes ata o comedor do CEIP Ponte de Doiras, a colocación das mesas do comedor e a distribución e o servizo dos menús aos comensais e os labores de recollida e limpeza do material empregado e das dependencias do comedor”, labores que realizaba a cociñeira despedida e “as tarefas de atención e coidado do alumnado durante os tempos que median entre a saída da última clase e a súa entrada no comedor, e o retorno á súa casa ou a súa incorporación á primeira clase vespertina”, que realizaba o persoal docente do centro.

É un exemplo que deixa meridianamente clara a mentira do menor custo dos servizos prestados polas empresas privadas. En canto á calidade non é necesario cabilar moito para enteder a diferencia entre unha comida servida no momento da súa elaboración e outra transportada durante máis de media hora.

As mentiras repetidas constantemente poden chegar a crerse, pero a realidade é teimuda. O Partido Popular minte para xustificar o desmantelamento dos servizos públicos e a súa privatización, para darlle negocio aos amigos a consta dos cidadáns e das cidadás.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...