Novas por contido
Desde a comunicación por parte da Consellaría de Educación da intención de pechar determinados comedores escolares e de reducir un importante número de traballadoras e traballadores noutros centros, a CIG-Autonómica vense mobilizando para tentar impedir este novo ataque do goberno do Partido Popular ao ensino público en particular e aos servizos públicos en xeral, nomeadamente no medio rural. O 22 de abril tocáballe a quenda ao Colexio Ponte de Doiras (Cervantes), onde pais, nais, delegados/as da CIG-Autonómica e membros da comunidade escolar desenvolveron unha concentración.


Na primeira reunión celebrada coa Consellaría, o pasado 9 de abril, a proposta inicial supuña a eliminación de  66 postos de oficial e axudante de cociña e o peche de ao redor de 20 comedores escolares, xustificando o goberno esta medida no número de comensais e na redución de gasto. A proposta actual mantén, pese a algunha rectificación da Consellaría, 8 comedores ameazados de peche e 39 postos a suprimir, mais coa clara intención de que isto só sexa o comezo dun proceso de desmantelamento do servizo de comedor en moitos máis centros e da supresión posterior de moitos máis postos de traballo.

Xa naquel momento a CIG-Autonómica amosou ben claramente a súa total oposición, cualificando de mentira as argumentacións da Xunta, xa que os alumnos terán que comer igual, desprazándose a outros colexios, co gasto que isto supón en transporte ou ben continuar coa privatización de servizos, mediante o uso dos “catering”, que non supón aforro de cartos, pero si peor servizo. Iso si, naqueles que se mantén o comedor a Xunta vai aforrar cartos a costa de cargar aos traballadores que quedan coas funcións dos eliminados.

•A primeira resposta foi unha concentración convocada polos comités de empresa da Consellaría de Educación diante das instalacións de San Caetano o pasado 9 de abril, con participación da CIG-Autonómica e as demais organizacións sindicais con representación nos comités.

•A CIG-Autonómica convocou unha concentración o 16 de abril en Santiago ao entender que era preciso facer das mobilizacións un arma de defensa contra as agresións privatizadoras do PP e para facer visíbel un conflito con graves repercusións para o futuro dos serizos públicos no rural.

•A CIG-Autonómica decidiu que era fundamental levar as mobilizacións e actos de protesta aos centros máis directamente afectados polo peche ou supresión de postos, buscando o apoio de toda a comunicade educativa e das propias corporacións municipais, que ven recortados os servizos públicos que se prestan no seu concello. Así estanse a celebrar diversas concentracións e reunións en colexios afectados

Contra os recortes no ensino público

É importante que todas e todos os que defendemos o ensino público vexamos nesta política de recortes de postos de traballo e no peche de comedores escolares o que realmente se agocha nas intencións do Partido Popular: privatizacións e agresións permanentes contra os servizos públicos, pola vía do recorte de orzamentos e o desmantelamento de centros.

Fronte a isto a CIG vén de enviar aos centros un escrito solicitando o posicionamento e a solidariedade do persoal laboral e funcionario da Administración xeral así como unha recollida de sinaturas promovida polas Asociacións de Nais e Pais en contra do peche de comedores escolares e da redución de postos de traballo do persoal de cociña.

ANEXO

Centros nos que a Consellaría de Educación pretende pechar o servizo de cociña, amortizando os postos de oficial 2ª de cociña.

Lugo

•    CEIP Ponde de Doiras (Cervantes)

•    CEIP Aníbal Otero de Ribeira de Piquin

•    CEIP Vicente Casabella (Ourol)

Ourense

•    CEIP de Baltar

•    CEIP de Calvos de Randín

•    CEIP de Xunqueira de Espadañedo

•    CEIP San Mamede de Montederramo

•    CEIP do Bolo

Centros nos que se pretenden suprimir os postos de axudante de cociña por teren menos de 75 comensais

A Coruña: 12 postos de traballo

•    CEIP da Castellana – Aranga

•    CPI “Armando Cotarelo Valledor” – Boimorto

•    CEIP da Barqueira – Cerdido

•    CEIP Bragade – Cesuras

•    CEIP “Francisco López Estrada” – Mañón

•    CEIP de San Ramón – Moeche

•    IES “O Mosteirón” –

•    CEIP da Igrexa – As Somozas

•    CPI de Viaño Pequeno – Trazo

•    CEIP “Xacinto Amigo Lera” – Val do Dubra

•    CPI de Vedra

•    CEIP de Présaras – Vilasantar

Lugo: 12 postos de traballo

•    CPI de San Román – Cervantes

•    CEIP do Corgo

•    CEIP “Santa María” A Fonsagrada

•    CEIP “San Estevo de Parga” – Guitiriz

•    CPI “Tino Grandío” – Guntín

•    CEIP “Monte Baliño” – Ferreira de Pantón

•    CEIP “Rosalía de Castro” – Mosteiro – Pol

•    CEIP “Virxe da Luz” – Portomarín

•    CEIP “Aníbal Otero” – Ribeira de Piquín

•    CEIP de Riotorto

•    CEIP de Samos.

•    CEIP “Antonio Fernández López” – Sarria.

Ourense: 8 postos de traballo

•    CEIP “Nosa Sra. Do Carme” – Calvos de Randín.

•    CEIP Astariz - Freas – Castrelo de Miño.

•    CEIP “Otero Novas” – Cortegada.

•    CEIP “Vicente Risco” – Cualedro.

•    CEIP “Joaquina Gallego Jorreto” – A Merca.

•    CEIP de Luintra – Nogueira de Ramuín.

•    CEIP “A. Vázquez Vázquez” – Rairiz de Veiga.

•    CEIP “Eulogio Gómez Franqueira” – San Amaro.

Pontevedra: 7 postos de traballo

•    CEIP de Covelo.

•    CEIP “Manuel Sieiro” Crecente.

•    CEIP da Golada.

•    CEIP “Xaquín Loriga” – Lalín.

•    CEIP “Vicente Arias de la Maza” – Lalín.

•    CPI de Rodeiro.

•    CEIP de Bandeira – Silleda

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.