Novas por contido

As catro centrais sindicais que integran estes órganos de representación (CIG, CCOO, UGT e CSIF), logo das asembleas realizadas a semana pasada en San Caetano, San Lázaro e Área Central, valoran de xeito positivo a disposición das empregadas e empregados públicos nestas asembleas. Así mesmo, valoran tamén de xeito moi positivo a concentración do pasado venres, primeiro acto que se acordou nestas asembleas en contra dos posibles recortes nas pagas extras para o vindeiro ano.

As principais propostas acordadas nestas asembleas, saídas das aportacións das empregadas e  empregados públicos dos Servizos Centrias, son as seguintes:

-       Convocar unha nova concentración o vindeiro xoves, 3 de outubro, ás 10:30 h. na explanada da cafetaría de San Caetano denunciando, ademais, a discriminación do persoal da Xunta con respecto ao persoal do Estado.

-       Crear unha ferramenta informática (tipo blogue ou similar) coa fin de que os empregados e empregas públicas poidan efectuar (de xeito anónimo) denuncias que impliquen algún tipo de irregularidade. Así mesmo, esta ferramenta servirá para dignificar a labor do emprego público.

-       Campaña pola dignidade do Emprego Público. Dentro desta proposta, ampliamente apoiada nas asembleas, acordouse ver a posibilidade de facer, en primeiro lugar, unhas camisetas visibles e cun lema aínda por decidir, que se porían a venta para disposición dos empregados e empregadas públicas. Estase valorando a posibilidade de facer, dentro desta compaña, unha exposición fotográfica ou algunha outra iniciativa orientada a explicar ao conxunto da Sociedade a importancia do noso traballo para ter un Servizos Públicos de Calidade.

-       Anuncios en prensa. Outra proposta que tivo moito respaldo nas asembleas e que consiste en pagar anuncios (de denuncia e que servan tamén para a dignificación dos Servizos Públicos) na prensa xeneralista. Para poder financiar esta acción estase barallando obter cartos coa proposta anterior, coa venda das camisetas e tamén con algunha alternativa de financiación colectiva. Estamos á espera de que se nos faciliten prezos (cuñas de radio, anuncio por módulos na prensa escrita…) para ver se é posible asumir esta actuación.

-       Outros acordos. Acordouse tamén, apoiar os actos da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos; facer algo vistoso para o vindeiro día 10, no que haberá unha concentración convocada por esta plataforma e na que se está a barallar efectuar unha solta de globlos; enviar un comunicado sobre o recorte das extras aos grupos parlamentarios, remitir un escrito informativo á comunidade universitaria expoñendo a situación actual do emprego público, coa fin de explicar que a porta do emprego público está, actualmente, pechada para este colectivo e ver a posibilidade de realizar unha acampada de protesta en San Caetano.

Así mesmo, a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia, acordaron enviar un emprazamento ao presidente Feijóo para esixir un tratamento igualitario cos traballadores públicos do Estado no devengo das pagas extras, dado o actual silencio que impera pola súa parte con respecto a esta cuestión.

Por último, estes órganos de representación, fan un chamamento ao conxunto dos empregados e empregadas públicas para que participen, colaboren e se impliquen o máis activamente posible nestes actos e en calquera acción que defenda a nosa dignidade como traballadores públicos e en contra de calquera recorte nos Servizos Públicos.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...