Novas por contido

Hoxe pola mañá deu comezo oficialmente en San Caetano a recollida de sinaturas en defensa dos servizos públicos iniciada pola Xunta de Persoal e Comité de Empresa dos Servizos Centrais. A actuación enmárcase dentro da campaña levada a cabo pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos de cara ao proxecto dos Orzamentos que previsiblemente aprobará a Xunta a semana que vén.

Conscientes da necesidade duns Servizos 100% Públicos e de calidade, as traballadoras e traballadores públicos temos que ser os primeiros na súa defensa. Xa temos dito en moitas ocasións que non se trata simplemente do aspecto retributivo, trátase da dignificación do traballo que realizamos para a sociedade e que os Gobernos actuais non cesa de desleixar non só con palabras  senón a través dos actos: coa privatización e a contratación reiterada con empresas privadas para facer o noso traballo; un traballo realizado para a cidadanía por nós, con vocación de servizo e non beneficio, con máis garantías e menor custo.

Hoxe, na súa primeira xornada, a recollida tivo lugar entre as 10h e as 13h no edificio administrativo de San Caetano nas portas de Facenda e Benestar. Mañá disporán outra mesa na concentración que terá lugar ás 11:30h diante da Consellaría de Presidencia. Pecharan a campaña o venres en San Lázaro cunha mesa que estará instalada de 9h a 12h na entrada da Consellaría de Sanidade.

É a gran maioría o persoal o que se esta achegando ás mesas a asinar e mesmo achegan follas que traen da súa unidade ou servizo. Dado o ritmo de recollida, confían en acadar un nivel semellante de paticipación ao da útima campaña, na que se sobrepasou as 3.000 sinaturas nun centro de 4.000 traballadoras e traballadores públicos.

É necesaria a marea branca, a verde pero tamén a negra. E non somos menos que o do resto de compañeiras e compañeiros doutras Administracións aínda que o noso xefe así nos trate como tales, vendéndonos a flexibilidade que xa teñen na do Estado desde vai anos a cambio de recortarnos as extras cousa que, no Estado, non tiveron nin este nin no vindeiro ano. “Non somos traballadoras e traballadores públicos de segunda”.

Estamos fart@s, foron moitas as compañeiras e compañeiros os que intercambiaron palabras con nós, falando de falsa austeridade, de inxustizas e mentiras, de organización e loita. “Din recortarnos a paga extra para manter os servizos públicos esenciais, é onde está o mantemento cando lle queren facer pagar á xente o tratamento do cancro!? E mentres se gastan millóns en publicidade institucional ou en ir montando casetas da Xunta en feiras”.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...