Novas por contido

Infórmanos a Direción Xeral da Función Pública de que está prevista a publicación no DOG do luns 31 de marzo o seguinte:

1. Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se abren os prazos posesorios dos postos adxudicados o 26 de febreiro de 2014 no concurso para a provisión dos postos vacantes da Administración xeral da Xunta de Galicia (DOG do 3 de marzo de 2014).

2.- Orde pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o último proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Xunta de Galicia, subgrupo A2 (DOG do 15 de abril de 2013) .

3.- Orde pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1(DOG do 6 de abril de 2011 y DOG do 17 de xaneiro de 2013).

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...