Novas por contido

Dende a Cig queremos denunciar  a incompetencia e mala xestión que dende a consellería do medio rural se fai respecto da xestión dos lumes forestais.

É especialmente grave o caso do mantemento e actual estado das autobombas, onde a Xunta conta con medios máis que obsoletos, vehículos nalgún caso con máis de 20 anos de uso e que en boa parte deles non contan co mecanismo de alta presión. Xa van varios casos onde a vida dos conductores de autobomba correu serio perigo.

Tamén van suficientes intoxicados por inhalación de fume como para que a xunta tome medidas urxentes e dote @s traballador@s de mascarillas con filtros aptos para o monoxido de carbaono ,dióxido de carbono, amoníaco; sustancias que se emanan da combustión do incendio forestal.

Lumes como os que se produciron nesta fin de seman en Cualedro, non veñen máis que confirmar o que dende a CIG levamos denunciando dende comezos de ano, a nula política de prevención unida a un ano seco anunciaban un verán moi perigoso no que a lumes se refire.

A maiores o cambio de combustible polo abandono das terras  e a proximidade do monte ás casas, están facendo deste verán do 2015 un verán con demasiados riscos ó patrimonio forestal, ós pobos e veciños, e ós traballadores do servizo de extinción de incendios pola precariadade dos medios que utilizan.

Asemesmo consideramos que a Xunta está mentindo no número de hectáreas queimadas como ven sendo habitual coa fin de agochar a verdadeira realidade que nos está asolando na provincia de Ourense.

Por todo isto, por a incompetencia e neglixencia na xestión do monte galego e por non facer nada diante do que se vía vir, esiximos a dimisión da Conselleira do medio rural e do secretario xeral de medio rural e  montes.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...
Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, ...

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.  Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a...
Venres, 03 Mai 2024

Listas de substitución de persoal funcionario e laboral: actualización provisional dos méritos

No DOG do 03/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos, correspondente ao ano 2023, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Publican a...