Novas por contido

O director xeral de función pública convocou Mesa Xeral de Empregados Públicos para o mércores 17/10/2018 para tratar o anteproxecto de lei de orzamentos do 2019 e o anteproxecto de lei de medidas (lei de acompañamento).

Para tratar os asuntos que van á Mesa Xeral, fomos convocados a unha xuntanza previa o luns 15. Entregáronos na xuntanza un documento de 6 páxinas con modificacións da Lei de emprego público de Galiza. Ante a protesta da CIG limitáronse a convidarnos a que presentásemos achegas, se queremos, antes das dúas da tarde do martes 16 e "estudarán" se son tidas en conta para a Mesa Xeral do 17. Din que están "abertos a negociar" [sic]. Esquecéndose de que tiveron meses antes para convocarnos e negociar, en realidade o que fan é apurar os tempos e utilizar a chantaxe de que se nos retrasamos “non entra nos presupostos”.

A falta de respecto ao proceso negociador, tanto polo manexo dos tempos, o xesto riseiro do Director Xeral, as múltiples alusións ao II Acordo Estatal (asinado en Madrid por CCOO, UGT e CSIF) que lle fixo ao resto das organizacións sindicais como si ao ter xa aceptado as medidas en Madrid aforrabamos a negociación aquí... Todo isto fixo que ao saír da xuntanza tiveramos unha vez máis, a sensación de falta de seriedade e insulto a negociación colectiva. En definitiva, van a tentar cumprir o mínimo legal e o visten de negociación.

Tendo presente que asistimos sen documentación previa e coas limitacións que implica coñecer o documento na propia xuntanza, a CIG-Autonómica manifestou:

  • Rexeitamos que a convocatoria e resolución dos concursos específicos quede, exclusivamente, nas mans de cada consellería. Estamos en contra dos concursos específicos, pero se os manteñen, non nos gusta que cada consellería se encargue dos seus.
  • A negociación do Plan de mellora no emprego público e o acordo de carreira profesional, están paralizadas dende agosto. Solicitamos retomar xa a súa negociación, por separado. Rexeitamos que Función Pública pretende pasar de negociar estes acordos usando o argumento de que CCOO, UGT e CSIF xa asinaran o II Acordo estatal. Ademais solicitamos que nos acheguen unha memoria económica e/ou orzamentos para tamén saber o que teñen previsto coa carreira profesional no 2019...
  • Derrogación da lei de medidas temporais 1/2012 (que supuxo a suspensión do artigo 19 V convenio e máis perda de dereitos, como o Fondo de Acción Social).
  • Preguntamos polos concursos de traslados. Respecto do de corpos xerais (que debería ter saído en setembro), respostaron como sempre que faltan RPTs, desta volta a de Medio Rural polos recentes cambios de estrutura e persoas, como se fora algo alleo á eles. Debe ser cambio por mandato divino... Dous outros concursos, nada se sabe.
  • Que foi da RPT de Cultura que xa ía para antes do verán? De novo agora a escusa é o cambio das consellerías.
  • Reiteramos a necesidade da eliminación da taxa de reposición de efectivos e deixamos claro que non somos asinantes do II Acordo estatal e que solicitamos negociación na Galiza que supere dito Acordo insuficiente.

Sobre a carreira profesional, o DXFP afirma que se insistimos en ampliar o ámbito (na súa proposta exclúen ao persoal laboral), os graos iniciais (que a antigüidade total sexa tida en conta) e os tempos para cobrar o 100% (non nos cómodos prazos que pretenden), entón non hai dotación económica abondo. Tras anos de perda de poder adquisitivo, a CIG rexeita este argumento e instamos a unha negociación seria e efectiva. Opoñémonos a que este paripé lles sirva como escusa para non negociar.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...