Novas por contido

Achéganos función pública o borrador do anteproxecto da Lei de Administración Dixital de Galiza.

Esta lei ten varios artigos que afectan directamente a todos os traballadores da administración en Galiza. Senta as bases para definir as competencias dixitais “desexables” do persoal empregado público, tomando como referencia o marco galego de competencias dixitais baseado no DIGCOMP pero adaptado ás súas peculiaridades co establecemento de cinco áreas de competencia dixital, agrupadas en tres niveis de dominio previstos para cada competencia: básico, intermedio e avanzado. Posteriormente desenvolverán un itinerario formativo para adquirir os diferentes niveis da competencia dixital.

Nos artigos 104 en adiante fala do marco de referencia de competencias dixitais e establece o seu alcance: “será de aplicación na definición das competencias dixitais mínimas do persoal empregado público que posibiliten o correcto desenvolvemento do seu posto de traballo nos supostos e cos requisitos que se determinen regulamentariamente, segundo o previsto no seguinte capítulo da presente lei”.

“O procedemento para a acreditación das competencias dixitais desenvolverase regulamentariamente, coa indicación do tipo de certificación ou certificacións, alcance, niveis, así como os requisitos para a súa obtención.” Isto significa que ao igual que pasou co CODIX, teremos que volver a facer a cursos ou superar probas (autoformación) para acreditar estas competencias.

Supón o fin do CODIX (Certificación Galega de Competencia Dixitais en Ofimática) que non aparece en toda a lei… 190 horas perdidas facendo os 5 cursos ou probas para conseguir esta acreditación.

Descarga a responsabilidade de formarse nos empregados: “O persoal empregado público das administracións públicas galegas deberá asegurar a súa capacitación dixital para o exercicio das súas funcións que permita o aproveitamento eficiente dos medios dixitais na prestación do servizo público”. Cando ten que ser a Administración a que se preocupe e incentive aos seus traballadores para que se formen.

E cales son as intencións ocultas da administración con esta lei? Art. 110.2: “Para o acceso a determinadas categorías ou postos de traballo poderá establecerse como requisito de acceso a competencia dixital ou aptitudes no ámbito da administración dixital, nos termos adecuados ao posto do que se trate.”

Esta lei afecta ao traballo e funcións do persoal das oficinas de rexistro, engadindo novas funcións e responsabilidades nos art. 33, 34, 74, 75.

Tamén regula a sinatura e acreditación do persoal empregado público (art. 68 en adiante), incluíndo como novidade o uso dos certificados electrónicos con pseudónimo para certos colectivos (inspección, etc).

Temos de prazo ata o xoves 11 de outubro para presentar alegacións. Podes contactar coa CIG.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...