Novas por contido

O mércores 16/1/2019 asistimos a unha xuntanza con Función Pública pola modificación do Decreto de listas. Comenza a reunión o director anunciando algunhas das modificacións que teñen previsto para o novo decreto:

  • Acórtase o prazo de inscrición a 2 meses.
  • Amplíase o número de ámbitos a 5.
  • As notificacións faranse por SMS e haberá un período de adaptación ao novo sistema.

Na CIG consideramos que hai moitas das nosas alegacións que non están recollidas no borrador, polo que nos reiteramos nas cuestións do escrito de alegacións presentado:

  • Nova casilla para expresar a dispoñibilidade a ser chamado para brigadas helitransportadas nas categorías ou escalas de bombeiros forestais.
  • Limitar o prazo para a elaboración das listas do 1 de xuño ao 30 de setembro.
  • Ampliación do tope de puntuación por chamamentos aceptados e rematados sen renuncia.
  • Artigo 9 bis: O tempo traballado en concellos e entes instrumentais nas categorías de incendios foresta is computará a razón de 0,20 puntos por mes traballado sempre que non exista encomenda ou convenios de colaboración.
  • Os chamamentos realizaranse cunha antelación máxima de 20 días á data de incorporación. A utilización de medios telemáticos para os chamamentos esixe comunicación formal a todas as persoas actualmente inscritas. A notificación realizarase sempre mediante o sistema notific@, SMS e correo electrónico. E o prazo
    para acceder á credencial será de 3 días.
  • O persoal que ocupe prazas de fixo-descontínuo de menos de 6 meses estará de alta no resto de categorías.
  • Propoñemos un texto alternativo nas excepcións á suspensión de chamamentos de oficio (apartados A e B): As persoas que estean ocupando prazas non vacantes serán chamadas para vacantes en calquera categoría, corpo, escala ou especialidade na que estean inscritos. En caso de renuncia non se lle volverán ofertar até pasados 4 anos.
  • Propoñemos a seguinte redacción para o artigo 17.2: "As persoas integrantes dunha lista que prestasen servizos durante trescentos sesenta días pasarán a ocupar a última posición na lista durante catro meses ao remate do nomeamento ou da contratación, excepto para postos vacantes, nos que manterá a súa situación na lista".
  • Que non se penalice excluíndo un ano das listas ás persoas que acrediten estar ocupando postos mediante listas de contratación en calquera administración pública.
  • Hai que ter en conta que as persoas que renuncien a un posto de menos de seis meses ou menos da metade da xornada non terán dereito ás prestacións por desemprego. Deberíase buscar unha solución para solventar este problema.
  • Dereito a optar a unha vacante nas baixas por maternidade ou paternidade.
  • Débese engadir unha disposición adicional co seguinte texto: "No momento que se aprobe a RPT que conteña os postos de traballo derivados da integración do Consorcio de Servizos Sociais abrirase un prazo para inscribirse nas categorías, corpos, escalas ou especialidades afectadas ou creadas no que se computará o tempo traballado no Corsorcio de Servizos Sociais na mesma proporción que na Xunta de Galicia".

O director de Función Pública resposta aceptando algunha das nosas propostas, como o do
Consorcio, comprométese a estudar algunhas das alegacións, e pídenos que enviemos as redaccións alternativas que propuxemos para estudalas e ver se se poden incluír no novo borrador, xa que teñen interese en acadar o máximo acordo neste Decreto.

Enviarán un novo texto o luns, día 21, e haberá un período curto para presentar alegacións ao mesmo. Haberá unha última reunión previa á Mesa Xeral e Comisión de Persoal. Teñen intención de rematar a negociación neste mes de xaneiro.

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...