Novas por contido

Dende a CIG levamos anos reclamando unha verdadeira formación do persoal que se presenta as probas de promoción interna; formación de calidade, axeitada e gratuita.

Como sabes a EGAP abriu o pasado novembro un ciclo de formación online, na que os contidos non se axeitan aos temarios (polo menos no caso do C2 onde transciben as leis completas e non os títulos específicos); os test son un mero corta e pega de academias de formación, chegando incluso a colgar esquemas con logos de academias, e os titores son persoal externo.

Non se pode mercadear coa formación dos empregados, se Feijoo decía “quero aos mellores” terá primeiro que prestar unha formación de calidade e proporcionada por empregadas/os públicos.

Así dende este sindicato darémoslle visibilidade as queixas que nos chegan do persoal opositor requirindo tanto a EGAP como a Consellería da Presidencia, para que proporcione unha verdadeira formación de Promoción Interna, nos seguintes termos:

  • Formación de calidade, axeitada nos seus termos e contidos ao temario de cada grupo.
  • Impartición das clases por persoal público, experto nos temas dos exámenes.
  • Adecuación das clases e material ás probas a efectuar na oposición.
  • Reforzo das clases on line con clases presenciais, facendo unha formación mixta que permita un mellor coñecemento.

A directora da EGAP manifestou no último consello reitor da escola a súa preocupación por non facer a “competencia ás academias”, e ao que debe atender é a “non contratar academias para a formación interna e a prestar unha formación de calidade”.

Outras novas recentes

Luns, 30 Marzo 2026

Convocatoria de oposición de vixilancia de estradas e mobilidade (C1), concurso, PI e outros (MSF 27/03/2026)

Resumo da Mesa Sectorial do Persoal Funcionario de 27/03/2026, pola convocatoria do proceso selectivo a vixilancia de estradas e mobilidade. Na rolda aberta de intervencións tratáronse os seguintes temas: concursos de traslados (cronograma e postos retirados), concurso de traslados e eleición de destinos de corpos xerais, xornada de 35 horas, convocatorias de promoción...
Martes, 31 Marzo 2026

RPT bioloxía e cc. do mar; Fogga; Vivenda (para MSF 07/04/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que será o martes 07/04/26, coa seguinte Orde do día: 1. RPT que modifica 3 postos de bioloxía e ciencias do Mar. Descargar 2. RPT de Fogga. Descargar 3. RPT da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Descargar Para...
Mércores, 01 Abril 2026

Que doado é retirar postos do concurso de escalas sociais no canto de buscar solucións

O día 27/03/26 saíron publicadas no DOG as puntuacións provisionais das persoas participantes no concurso de escalas sociais (F0525). E como agasallo, xunto coas puntuacións, a DXEP retira do concurso 25 postos vacantes (1 de auxiliar de clínica, 1 de educador/a social, 1 de terapeuta ocupacional, 2 de médico/a, 11 de psicólogo/a e 9 de traballador/a social). Ese mesmo día,...