Novas por contido

Tras a polémica xurdida polos procesos selectivos para a funcionarización do persoal laboral da Xunta de Galiza, para a CIG-Autonómica compre aclarar a posición fronte deste proceso así como as consecuencias que para os servizos públicos ten dividir e confrontar ao persoal empregado público e fomentar o seu desprestixio perante a sociedade.

Os procesos selectivos da funcionarización son procesos de promoción interna, voluntarios, de categorías laborais que pasarían escalas funcionariais, limitadas exclusivamente para o persoal fixo que xa superou un proceso selectivo para o acceso á función pública.

A funcionarización ven derivada do chamado Acordo de Concertación Social asinado pola Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CCOO e UGT.

A CIG, sindicato maioritario na Xunta, non asinou dito acordo porque o considera lesivo para todos os empregados públicos. No que respecta á funcionarización presenta moitos problemas entre os que destacamos:

  • Non recolle os dereitos laborais do V Convenio, nin regula un acordo de condicións de traballo xeral que os traslade ao persoal funcionario. 
  • Non se permite a mobilidade do persoal fixo mediante un concurso de traslados previo aos procesos de funcionarización.
  • Non se garanten os dereitos retributivos, personalizándoos cun complemento de funcionarización, que se perde coa mobilidade ou promoción da persoa. Esto sucede porque os pluses derivados, por exemplo da nocturnidade, penosidade ou traballo a quendas…, non se recollen en complementos específicos e níveis nas escalas de persoal funcionario que realiza esas funcións.
  • Non se lle da a oportunidade ao persoal a formarse no caso de que se lle esixira no seu día unha titulación para o acceso á función pública como laboral diferente a que se lle esixe agora na escala como funcionario.
  • Supón un agravio entre o propio persoal laboral de categorías que se reclasifican a grupos superiores aos de pertenza e outros non, sen que se nos dean explicacións.
  • Supón un agravio ao persoal funcionario que nin o reclasifican nin o suben de subgrupo.
  • A funcionarización se vai realizar baixo a chantaxe de non cobrar o complemento de carreira profesional.

Porén, para a CIG o menor dos males da funcionarizacion é o proceso selectivo da polémica: a promoción interna de categorías laborais a funcionariais, porque o persoal laboral fixo xa pasou un proceso selectivo para o acceso a función pública.

Insistimos en que o problema é a desfeita que queda oculta, o despedimento masivo e gratuíto para a Xunta, a perda de dereitos retributivos e laborais e a división do persoal e o fomento da negociación colectiva corporativa.

A consecuencia de todo isto é que mentres vemos o inimigo ao noso carón, a Xunta de Galiza afonda no desmantelamento e privatización dos servizos públicos, para os que o primeiro paso necesario e o seu desprestixio.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...