Novas por contido

O Acordo de concertación do emprego público de Galiza (DOG 28/01/2019) asinado por CCOO, UGT e o goberno de Feijoo, co voto en contra da CIG, entre outras prevé un proceso de funcionarización voluntario do persoal laboral fixo.

O sistema de selección consistirá na superación dun concurso-oposición. As preguntas dos exercicios da fase de oposición estarán sacadas dunha batería de preguntas que será pública.

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos os borradores das baterías de preguntas, separadas por grupos e por temas, para que aleguemos, segundo nos indican, "sobre a súa redacción ou estilo". Temos de prazo ata o 30 de abril para o grupo I, e ata o 3 de maio para os grupos II a V. Se o consideras, podes contactar coa CIG.

Descargar a batería de preguntas:

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Mércores, 18 Novembro 2026

RPT do Mar (centros de ensino) (26/11/26)

A Secretaría Xeral do Mar convocounos a unha xuntanza para o xoves 26 de novembro, para tratar unha proposta de modificación da súa Relación de Postos de Traballo. A proposta afecta ás escolas oficiais nautico-pesqueira de Ferrol e Ribeira, ao instituto en acuicultura da Illa de Arousa e ao instituto marítimo-pesqueiro do Atlántico de Vigo. En todos eles crean postos de...