Novas por contido

En canto a CIG deu conta de que parte dos candidatos do SEPGA están no lado escuro da forza e se sentan nas negociacións, non como representantes do persoal funcionario senón da empresa, sáltalles o chip, cortocircuítan, e comezan a falar de extorsión, de subvencións, de horas sindicais. Este discurso xa o coñecemos porque foi sempre o que utilizou a empresa.

Intentan facernos crer que nós os acusamos de que eles van negociar asuntos so subgrupo A1 sendo delegados de dito subgrupo. Pois non. Para a CIG un delegado do A1 pode negociar asuntos relativos ao A1. O que non pode un delegado do A1 e sentarse na mesa representando á empresa e defender os recortes. Intentar desviar a atención disto non cola.

Por qué están tan nerviosos en SEPGA?

1. Porque non entran na Mesa Xeral de negociación do persoal empregado público.

2. Porque non entran na Mesa Xeral de persoal funcionario.

3. Porque a Mesa Sectorial de persoal funcionario, que a CIG leva solicitando 8 anos que se convoque, non se reúne nunca e é onde van ter algunha representación (6 membros a CIG e 2 SEPGA, dos 15 que son).

4. Porque a CIG, que aumentou o número de votos, e que representa ao persoal funcionario do A1 (e do A2, C1, C2 e AP), puxo de relevo que SEPGA non é un “sindicato do A1”, senón un sindicato dunha casta de xente aferrada a postos de libre designación que velan polos seus propios intereses. Basta ollar a candidatura de Servizos Centrais para ver que os que menos nivel teñen son 6 candidatos de nivel 24 e que na candidatura hai 6 subdirectores xerais, 13 xefes de servizo, algúns exdirectores xerais, etc. Tendo en conta que hai máis de 500 funcionarios/as do A1 en postos de niveis 20 e 22 podemos facernos unha idea do que significa esa candidatura.

5. Porque si esta é a foto do “sindicato do grupo A1” que queren vender a nós se nos parece máis ben á foto do “sindicato das libres designacións”. E isto facendo constar que nin a maioría dos subdirectores xerais nin xefes de servizo pertencen a este lobby.

6. Porque o seu papel nos recortes foi activo e lonxe do aséptico discurso de que son persoas “...que traballan por mellorar a administración pública, por liderar os equipos na procura dunha xestión áxil, moderna, eficaz...”, participaron en mesas onde se nos recortaron salarios e dereitos. Non vale argumentar co discurso da “obediencia debida” igual que facían os nazis ou os militares arxentinos cando alegaban que eran simples funcionarios que cumprían ordes. Se estaban en contra sempre puideron dimitir das súas libres designacións.

Pero xa iremos vendo cal vai ser o seu posicionamento en canto á defensa do persoal do grupo A1, que segundo os seus estatutos son os únicos que se poden afiliar (e xa veremos o papel dalgúns candidatos “despistados” do A2).

De entrada e agora que hai aberta unha negociación sobre a RPT de Medio Rural e aínda que non están nas mesas de negociación, gustaríanos coñecer a súa idea sobre si determinadas prazas de veterinarios deben abrirse a enxeñeiros agrónomos e sobre si determinados postos de nivel 26 deben abrirse a enxeñeiros técnicos agrícolas.

Así, para comezar ben e con tranquilidade a vosa andaina sindical, compañeiros.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...