Novas por contido

A Axencia de Turismo de Galicia intenta modificar as condicións de traballo dos empregados públicos saltándose a lei.

Estes días o persoal de das oficinas de turismo dependentes da Axencia de Turismo recibiron un suposto "Acordo" que se converteu posteriormente nunhas "instrucións" en materia de vacacións do persoal de oficinas de turismo. Este acordo é coma os pokemon, vai evolucionando co paso do tempo e cambiando de nome... “acordo”... “instrucións” e finalmente “instrucións singulares”.

Todo isto saltándose a normativa básica tanto estatal (EBEP) como autonómica (lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza) que establece:

Artigo 153. Materias obxecto de negociación en relación co persoal funcionario

1. Serán obxecto de negociación, no seu ámbito respectivo e en relación coas competencias de cada Administración pública e co alcance que legalmente proceda en cada caso, as seguintes materias:legalmente proceda en cada caso, as seguintes materias:

...

m) As referidas ao calendario laboral, aos horarios, ás xornadas, ás vacacións, aos permisos e licenzas, á mobilidade funcional e xeográfica, así como os criterios xerais sobre a planificación estratéxica dos recursos humanos, naqueles aspectos que afecten as condicións de traballo dos empregados públicos.

Así, pola cara e sen negociar cos representantes dos traballadores, a directora da Axencia pretende cambiar as condicións dos empregados públicos, restrinxindo o dereito a coller vacacións nos meses de xullo e agosto, e todo por non querer contratar persoal como se fixo ata agora.

Este suposto acordo e instrución NON foi negociado coas organizacións sindicais representantes dos traballadores nin levado posteriormente a Mesa Xeral de Empregados Públicos.

Desde a CIG solicitamos hoxe a inmediata retirada do “Acordo e Instrucións en materia de vacacións co persoal das oficinas de Turismo” por ser contrario a lei.

Tamén esiximos a contratación de persoal para as substitucións en vacacións.

No caso de ser necesarias as modificacións de traballo do persoal das oficinas de turismo, instamos ao inicio das negociacións en materia de vacacións coas organizacións sindicais representantes dos traballadores tal como indica a lei.

CVE na sede

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...