Novas por contido

Como se da transmisión dun título nobiliario se tratase, consumouse a herdanza do posto de xefa de sección de colocación na xefatura territorial de emprego en Vigo, arredor dun mes despois da xubilación da anterior ocupante, nai da actual inquilina do posto en comisión de servizo.

Diante do xefe territorial en Vigo da Consellería de Economía, actuando de ilustre rexistrador notarial, co amparo do xefe do servizo de orientación e promoción laboral, foi aceptado o legado da anterior titular da xefatura de sección de colocación na persoa da filla desta, tamén funcionaria de Administración xeral, nivel 14, e con destino definitivo en Pontevedra.

O legado aceptado é a culminación dunha carreira chea de premios que, sen desmerecer as súas capacidades profesionais (non maiores a doutras funcionarias), non poden ser referendadas pola xefatura territorial que ten que velar non só pola profesionalidade do persoal funcionario ao que se lle conceda unha comisión de servizo, senón tamén polos principios da ética e da equidade.

O proceder para o outorgamento desta herdanza lémbranos o seguido pola familia Baltar na deputación de Ourense, con “presuntas” utilizacións de postos para beneficio político e premio a funcionarios/as en virtude da familia de orixe.

A funcionaria que aceptou o legado accedeu á Administración da Xunta de Galiza hai pouco máis de dez anos, tomou pose definitiva en Compostela. Hai seis anos obtivo un posto de nivel 14 en Pontevedra. E dende entón, foi premiada con continuas comisións de servizo en Vigo. Así:
- Administradora, nivel 20, do Centro de Formación Integrada de Coia.
- Coordinadora de Área na Oficina de Emprego de Navia.
- Postos base nivel 14 tanto nas oficinas de emprego e no servizo de orientación.

Dende a CIG esiximos a revogación desta comisión de servizo, de xeito que permita recuperar a credibilidade da xefatura territorial.

A non convocatoria do concurso xeral de traslados non pode ser, como así o é, a razón para conceder comisións de servizo en virtude do parentesco ou afinidades, incumprindo os principios obxectivos de igualdade, mérito, capacidade e libre concorrencia.

Outras novas recentes

Venres, 18 Xullo 2025

Educación négase a negociar as condicións de traballo do seu persoal de centros de ensino

A Consellería de educación escúsase nos procesos selectivos en marcha e no persoal docente para non negociar un Acordo para o Persoal de Administración e Servizos dos centros de ensino, nin a crear unha estrutura profesional nas cociñas. Na Comisión de Persoal do xoves 17 de xullo de 2025, a CIG volveu a insistir na necesidade de negociar un Acordo de condicións de...
Xoves, 10 Xullo 2025

Procesos selectivos; comisións axentes forestais; listas cociña (MSF 10/07/25)

Na orde do día da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) que tivemos o xoves 10 de xullo, tratáronse as convocatorias dos procesos selectivos de A1-Ciencias do Mar, A1-Profesores das escolas náutico-pesqueiras (varias especialidades), e A2-Mestres de taller das escolas náutico-pesqueiras (máquinas e produción). Na rolda aberta de intervencións puidemos...
Mércores, 09 Xullo 2025

Convocatoria do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo de veterinaria

No DOG do 09/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios. As...