Novas por contido

Á Dirección Xeral da Función Pública hai que “tirarlle do aire”, pois como aqueles vellos Seat 124 senón lle tiras do starter van a golpes e ratean. Igual lle pasa a Barreiro que vai a bandazos e presentounos un acordiño con mestura de “todo un pouco” na Mesa Xeral do pasado martes 18 de xuño. Basicamente recolles seis puntos sobre diferentes dereitos a mellorar:

Punto 1. Aumento das contías do Fondo de Acción Social (FAS)

O persoal laboral pode optar a unha axuda no FAS de 180 euros mensuais e o persoal funcionario ten unha contía menor no actual FAS aprobado polo que se incrementa a cantidade dos pagos para igualar ao persoal funcionario e laboral. A equiparación vaise facer entre as anualidades de 2019 e 2020. Recordemos que o FAS só contempla a axuda por discapacidade e maior a cargo.

A CIG quere recuperar os importes e as modalidades do Fondo de Acción Social que se cargaron no 2012. O director de Función Pública négase a incorporar todo o fondo tal como pedimos porque a situación económica non está igual que no 2008 (dependendo para que, si hai diñeiro). Di que poderían modificar un pequeno parágrafo para que non se teñan en conta os ingresos do solicitante se o discapacitado/a ten máis dun 75% de invalidez. Preguntamos pola publicación do FAS de 2018 e nin contestaron.

Punto 2. Ampliación do horario de verán

Recolle a aplicación de horario ampliado para as flexibilidades por conciliación (6 horas no tramo diario da conciliación non en horario de 8 a 3 como ata o de agora). Aplica o horario de verán ás reduccións de xornada cunha minoración de horas dun 20%.

Pese ás reiteradas peticións de ampliación dixeron que agora non é posible, pero que intentarían ver as posibilidades de aplicación de melloras (non sabemos se se refería ao horario ou a aplicación ao persoal política social [do resto de persoal, nen pío]).

Punto 3. Ampliación da OPE do persoal do servizo de extinción de incendios

Convocarán este ano 100 prazas de persoal laboral temporal que presta servizos 9 meses a prazas de persoal funcionario de 12 meses. Ampliable no 2020 a 100 prazas máis.

Venden o seu camiño á funcionarización e a mellora dese persoal, non din nada cando se lle alude ao dereito de consolidación de moitas desas prazas.

Punto 4. Ampliación da redución de xornada para reincoporación ao traballo despois de tratamentos oncolóxicos ou enfermidade grave

Amplía o dereito recoñecido da redución de 25% da xornada ata un 50% da mesma, cunha duración de un mes ampliable a outro.

Nada que comentar (pasa dun 25% a un 50%), máis que era un dereito que xa tiñan os docentes.

Punto 5. Acurtamento de prazos para o cobro da carreira profesional para persoal interino ou persoal que non cumpría os requisitos

O persoal interino ou temporal poderá acortar os cinco anos de espera para a carreira, comezando a cobrar no ano 2020 (un 25% por cento) ata o ano 2023 coa consolidación do grao I; sempre e cando cumpra 5 anos de antigüidade a 31/12/2019.

O persoal que non cumpría requisitos (formación basicamente), será igualmente incorporado nas mesmas condicións que os anteriores se a 31/12/2019 xa ten a formación necesaria.

Fan un remendo da carreira profesional que non chega para incorporar a todo o persoal. Por medio, CCOO e UGT louvando a mellora.

Punto 6. Acordo Kafkiano que ninguén entende

Neste punto que parecía redactado por Xan das Bolas, houbo que pedir aclaracións para ver que carallo dicía: ao final o que querían dicir era que as prazas dos procesos de consolidación non contabilizan para a cuantificación das promocións internas no referente ao persoal laboral.

En palabras do DXFP: "os procesos de consolidación non van contar no sumatorio para a cuantificación de prazas para a promoción interna (ou sexa se tes 100 prazas de consolidación e 200 de libre; a promoción interna contabilizase nunha proporción das 200)". 

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...