Novas por contido

O 26 de agosto de 2019 tivemos a segunda xuntanza da Secretaría Xeral Técnica coas organizacións sindicais para un novo Acordo de condicións de traballo para o persoal enxeñeiro de montes e técnico forestal dos Distritos Forestais e centros de coordinación do SPCIF.

Nesta segunda xuntanza a Xunta de novo non é capaz de presentar ningunha proposta de réxime xurídico e condicións de traballo. Unicamente manifesta que van facer cambios estruturais e propón a creación de dous grupos de traballo de cara a organización dos servizos que sinala como condición previa a calquera negociación laboral.

Fronte a isto, as organizacións sindicais esiximos a inmediata redución do computo horario anual e da carga de traballo para todo o persoal técnico, que non pode esperar a futuros deseños de organización de traballo. Así finalmente, a Xunta acepta convocar esta semana a comisión de seguimento do Acordo actual (2008) para formalizar:

  1. Corrixir a actual interpretación torticeira do punto 4 coa que meten quendas de “oficina” entre os descansos das gardas de 24 horas. Así non habería oficinas en período extraordinario a partir do 2020 e so restarían facer tres (dúas en setembro e unha en outubro) no 2019 para apoiar os traballos de certificación pendentes.
  2. cinco días hábiles de descanso a maiores do establecido no actual acordo e estes vinculados ao traballo a quendas para uso fora de alto risco.
  3. Elaborar instrución para limitar os chamados de urxencia das dispoñibilidades actuais.

Porén, para a CIG, so se trata dun pequeno parche que non soluciona os problemas do persoal  polo que seguimos a loitar nesta negociación para que no novo Acordo:

  • Aumentar o cadro persoal para garantir os descansos que permitan reducir carga de traballo e que o horario anual de xeito que non se superen a media de 35 h semanais.
  • Regulación do traballo en fins de semana, festivos, quendas e gardas, e garantir 15 días de vacacións no verán, regular e aumentar as compensacións.
  • Establecer un/ha segundo xefe/a de garda por distrito forestal.
  • Diminuír a interinidade engadindo todas as vacantes na seguinte OPE.
  • Plan de prevención de riscos laborais, segunda actividade e estudo de coeficientes redutores para a xubilación.
  • Plan formativo que certifique e acredite o traballo que hoxe se fai en emerxencias e GIF e outras continxencias.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...