Novas por contido

O 17 de setembro convocouse a Comisión de Seguimento do Acordo sobre condicións de traballo do persoal funcionario pertencente aos grupos A1 e A2 da Xunta de Galiza do Servizo de prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais. Tratamos de conseguir unha interpretación positiva do acordo nas quendas de oficina entre gardas e implementar descansos para baixar a carga horaria anual que hoxe supera as 2000h.

O Acordo do 2008 esta denunciado polas organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral, CIG, CCOO, CSIF e UGT co fin de negociar un novo xa que este mostrouse ineficaz, non se axusta a normativa actual, as súas compensacións están desfasadas e o réxime de prestación de servizos previstos no 2008 non concorda co que ten hoxe o resto do persoal ao cargo. Para tratar un novo réxime adecuado e eficaz a Xunta de Galiza propón a realización dunha mesa de traballo técnica que comezaría a reunirse este mes.

Porén ante a urxencia que require baixar a carga horaria, as organizacións sindicais esiximos a inmediata redución do computo horario anual e da carga de traballo para todo o persoal técnico mentres dura a negociación dun novo acordo polo que acordamos as seguintes medidas en Comisión de seguimento (17/09/2019):

  1. O persoal técnico so realizará 2 días de quenda de oficina nos descansos das gardas ao mes ata remate 2019 e no 2020 ningunha ata novo Acordo condicións de traballo.
  2. Dous días consecutivos de descanso semanal para os xefes de Distrito.
  3. Sete días de descanso consecutivos (5 laborables+2 fin de semana) a maiores do establecido no actual acordo e estes vinculados ao traballo a quendas para uso fora de alto risco a disfrutar no primeiro trimestre de 2019.

Para a CIG, so se trata dun pequeno parche temporal polo que seguimos a loitar nesta negociación para que o novo Acordo teña que:

  • Aumentar o cadro persoal para garantir os descansos que permitan reducir carga de traballo e que o horario anual de xeito que non se superen a media de 35 h semanais.
  • Regular o traballo en fins de semana, festivos, quendas e gardas, e garantir 15 días de vacacións no verán, regular e aumentar as compensacións.
  • Establecer un/ha segundo xefe/a de garda por distrito forestal.
  • Diminuír a interinidade engadindo todas as vacantes na seguinte OPE.
  • Plan de prevención de riscos laborais, segunda actividade e estudo de coeficientes redutores para a xubilación.
  • Plan formativo que certifique e acredite o traballo que hoxe se fai en emerxencias e GIF e outras continxencias.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...