Novas por contido

A CIG presenta recursos de reposición a varios procesos selectivos convocados en novembro en base a OPE 2019 da Xunta por incumprir a Lei de emprego publico de Galiza.

As convocatorias de procesos selectivos como as das escalas sociais, bioloxía A1 e dos distintos subgrupos da Administración Xeral publicadas durante o mes de novembro en numero de prazas son escasas e insuficientes. Asemade, saen convocadas prazas de funcionarios que hoxe non existen en RPT como as de medicina ou os corpos de servizos sociais, faltan ou son insuficientes as correspondentes á promocion interna (que non computan na taxa reposicion polo que ademais deberían sumarse e non retraerse do computo total). 

Fixemos as contas e só nas convocatorias do mes de novembro faltan 473 prazas para promoción interna que a lei marca como mínimo. 

Buscamos con estes recursos impugnar estas bases e obrigar a xunta a convocar as prazas reservadas para a promocion interna. Ademais demandamos a convocatoria de concurso-oposición de prazas ocupadas por persoas afectadas pola disposición transitoria 10ª  2ª parte do V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galiza, porque veñen numerosos códigos de postos errados...

Porén, hai outras cuestións que denunciamos nas mesas de negociacion e que a Xunta tampouco corrixiu coma por exemplo a desproporción e incoherencia nos temas da fase de oposición, na que unha agrupacion profesional dos corpos xerais chega a ter mais materia que unha escala especial do grupo A.

Para colmo, fixo caso omiso de varias sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polas cales se estimaron as demandas interpostas pola CIG, por incumprir o mandato convencional de reserva de postos para a promoción interna do persoal laboral, cohartando este dereito e eliminando a quenda de promocion interna en moitos destes procesos.

Esto non acontecería se a Xunta accedese a facer un procedemento marco acordado para todolos procesos selectivos equitativo, xusto, garantista e proporcionado para tódolos corpos e categorías

A Xunta de Galiza está empeñada en facer as cousas ás presas e con carácter de propaganda electoral, así estas convocatorias chapuzas son froito da improvisacion e a manipulación: véndennos fume.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...