Novas por contido

No DOG do 28/02/2020 saen publicadas as seguintes resolucións relativas ás listas de contratación de persoal laboral e funcionario interino da Xunta de Galicia:

Apertura e peche de listas

Resolución do 20 de febreiro de 2020 (ir ao DOG), da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades. Nas listas que estean pechadas poderán inscribirse as persoas que superasen algunha proba do último proceso selectivo ou prestaran servizos na Xunta de Galicia nesa categoría, corpo, escala ou especialidade. O prazo para presentar as solicitudes será do 1 de marzo ao 30 de abril (ambos inclusive).

A documentación que hai que achegar xunto coa solicitude é a seguinte:

  • Impreso do pago da taxa. Agás as persoas con discapacidade igual o superior al 33% ou as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial, que están exentas do pago. As persoas membros de unha familia numerosa de carácter xeral ou as que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, 6 meses antes da data de convocatoria e que non perciban prestación ou subsidio por desemprego, terán unha bonificación do 50% do importe da taxa sempre e cando o acrediten.
  • Certificado debidamente compulsado do grado de coñecemento do idioma galego.
  • Fotocopia, debidamente compulsada, que acredite a titulación requirida.
  • Fotocopia do DNI.
  • Documentación acreditativa de méritos: certificado de servizos prestados na mesma categoría, corpo, escala ou especialidade (excepto os prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que serán de oficio) e un certificado de empadronamento nalgún dos concellos incluídos nos distritos forestais que solicitan para as categorías do servizo de incendios.
  • As persoas que manifesten o consentimento expreso na solicitude para a comprobación dos datos de identidade, de titulación requirida e de exención de taxas, non terán que presentar a documentación acreditativa destas cuestións.

A relación das listas pechadas e abertas pódese consultar no seguinte enlace: https://i.gal/ZWfwj

Actualización provisional de méritos

Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 20 de febreiro de 2020 (ir ao DOG), pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2019 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. Prazo de reclamación 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (coa reclamación achegarase a certificación de servizos prestados no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, ou na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas no caso das categorías do servizo de incendios).

Acordo para a xestión das listas para SPIF

Resolución do 21 de febreiro de 2020 (ir ao DOG), da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o Acordo do 14 de febreiro de 2020 entre a Consellería de Facenda e a Consellería do Medio Rural polo que se encomendan a esta última determinados actos de xestión das listas de contratación temporal de persoal laboral adicado ás tarefas de prevención e defensa contra incendios forestais (cunha vixencia de dous anos).

Outras novas recentes

Luns, 07 Setembro 2026

Mesa sectorial de funcionarios/as (04/09/2026): modificación RPT, datas actos de elección pendentes, PI23, escolas infantís, PND

Na MSF trouxeron a proposta da modificación da RPT Administración Xeral da Comunidade Autónoma na Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e na Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes na que se amortizan dous postos para crear outros dous. Dende a CIG non estamos de acordo coas amortizacións pero o que ademais lle fixemos saber á DXEP é que estas presas débense...
Mércores, 09 Setembro 2026

Modificación RPT; datas actos de elección destinos; SPIF; oficinas emprego; finanzas (CP 09/09/26)

Á Comisión de Persoal do mércores 9 de setembro, foi como único punto da orde do día a proposta de modificación de varios postos na Relación de Postos de Traballo (RPT) das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, e de Presidencia, Xustiza e Deportes, a causa da execución de sentenzas de persoas que reclamaron destino definitivo no posto que ocupaban en provisional....
Mércores, 09 Setembro 2026

A CIG advirte do risco de colapso dos cursos de galego da EGAP

A Xunta asigna dous cursos simultáneos de teleformación ao persoal da Secretaría Xeral da Lingua, cuxos postos son a media xornadaA CIG esixiu á Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua para garantir os cursos de...