Novas por contido

A EGAP convoca as 8400 prazas do seu o programa de autoformación dirixido ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Acceso aos contidos

Os contidos dos cursos de autoformación estarán dispoñibles desde o 4 de abril ata o 20 de decembro.
Solicitude de acceso aos contidos: en calquera momento desde o 4 de abril ata o 20 de decembro en https://egap.xunta.gal/matricula
Cada persoa determinará libremente o número de contidos nos que queira inscribirse e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.
O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

Probas de avaliación

Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame presencial e conseguir un certificado de equivalencia.

Matrícula: desde as 8 horas do 4 de abril ata as 23.55 horas do 6 de maio en https://egap.xunta.gal/matricula


Información sobre o funcionamento do programa de autoformación da EGAP aquí.

Máis información e listaxe de actividades no DOG do 3 de abril

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...