Novas por contido

O que se está a vivir nos centros de Política Social, por mor da afectación do coronavirus, vén a confirmar as carencias que leva denunciando a CIG dende hai anos.

Dende o día 16 de abril de 2012, a raíz da entrada en vigor da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, e en concreto da aplicación do seu artigo 6º e a suspensión de varios artigos do V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galiza, o persoal da Consellería de Política Social foi un dos colectivos de traballadores/as máis directamente afectados por esta normativa, de carácter supostamente temporal. O persoal desta consellería, nalgúns casos, foi ninguneado e ata denigrado no seu labor.

As quendas de traballo anuais son esgotadoras por mor da suspensión do artigo 19 do Convenio Colectivo, o que impide, entre outras, a conciliación do persoal.

O presente non é bo, máis o futuro preséntanse con piores perspectivas. A crise sanitaria estase a afrontar, nalgúns casos, cos efectivos existentes, estando os centros todos os días con servizos mínimos. En poucos centros reforzouse o persoal, demostrando a necesidade do mesmo permanentemente.

Nos centros de Política Social conseguiuse, co esforzo do persoal e sen apenas medios, e nalgúns casos, nin coa axuda por parte das xefaturas, que a incidencia da pandemia fora mínima en comparación coa incidencia en residencias privadas e privatizadas.

Na actualidade, nos nosos centros, a Xunta está a trasmitir unha sensación irreal de normalidade, mantendo a sobrecarga de traballo debida a pandemia, reducindo o persoal de reforzo para quedarse só co persoal existente de base, o que lle supón un gasto menor en salarios e complementos.

Por mor do anterior, a CIG solicita do Goberno Feixoo, as seguintes medidas para o persoal da Consellería de Política Social:

  • Ampliación dos actuais cadros de persoal, e revisión da ratio de efectivos dos centros (moi antiga e obsoleta a día de hoxe). Reforzo do persoal sanitario e non sanitario dos centros.

  • Devolución inmediata do artigo 19 do V Convenio Colectivo Único (compensacións por traballar domingos e festivos, en días de descanso e  dereito de descansar a metade dos festivos anuais e fins de semana de xeito alterno; descanso do 24 e 31 decembro, e de non ser posible, compensación igual á que teñen os domingos e festivos).

  • Supresión da contratación precaria de contratos de fin de semana, por horas, medias xornadas, etcétera, e substitución destes contratos por traballo estable e continuado.

  • Cobertura do persoal con adaptacións de posto derivadas dunha situación médica, así como das reducións de xornada por conciliación familiar, para non sobrecargar ao resto do persoal.

  • Cobertura de todos os permisos, vacacións, baixas laborais, excedencias,…

  • Supresión inmediata do exceso de burocracia e requisitos para a contratación habitual e extraordinaria que se necesita diariamente nos centros.

  • Inmediata dotación de medios, consolidados e permanentes, para afrontar a crise actual e as futuras, sen ter que acudir á improvisación que pon e puxo en risco a saúde das persoas usuarias e do persoal dos centros.

  • Sostemento, e gradual implantación, de medidas de prevención, nos nosos centros residenciais, así como noutros centros de futura apertura, dado que seguiremos padecendo risco sanitario real, tendo en conta tamén o tipo de persoas que atendemos.

  • Revisión dos pluses pagados durante a alarma sanitaria consolidando aqueles que deban manterse.

Levantamento inmediato das restricións laborais. Levamos moitas semanas con dereitos laborias cancelados, de suspensión de todo tipo de permisos, de vacacións, cambios de quenda, etcétera. A Xunta, sen baixar a garda en prevención, ten que asumir o custo económico, e non manter eternamente limitacións de todo tipo, ao persoal de Política Social, que é un dos colectivos que máis esforzo e entrega achegaron nesta crise sanitaria.

Ademais dos puntos anteriormente citados, solicitamos, para as traballadoras/es do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que tamén pertencen á Consellería de Política Social o seguinte:

  • Equiparación salarial inmediata.

  • Transparencia na xestión da área de Benestar. Que cesen as ameazas ao persoal por parte das técnicas da Área e que se depuren responsabilidades pola súa actuación nesta crise.

  • Na contratación temporal, total transparencia.

O dito, se a Xunta, se o Goberno galego, se a nosa Consellería, se as Xefaturas Territoriais, se Feixoo, queren agradecernos os nosos servizos na crise sanitaria teñen medidas de sobra para facelo.

Non queremos cartas de agradecemento. Non queremos visitas guiadas e preparadas aos centros. Non queremos discursos falsos dende a tribuna do Parlamento galego. Non queremos máis gastos en propaganda. Non queremos esmolas por un tempo... 

QUEREMOS O QUE É XUSTO E SE NECESITA: MEDIOS, PERSOAL E RECUPERACIÓN DE DEREITOS LABORAIS. MÁIS NADA.

Póñanse a traballar. Sigan o exemplo do persoal de Política Social.

Outras novas recentes

Martes, 11 Agosto 2026

O presidente vai de procesión: Rueda pode facer o que lle pete; a Xunta, non

Na CIG defendemos unha Administración pública aconfesional, neutral e de todas e todos, que non empregue os seus medios institucionais para dar relevancia pública a unha opción relixiosa particular, nin para facer publicidade da dimensión persoal de quen ocupa a Presidencia. Si, Alfonso Rueda, a título persoal, pode facer o que lle pete: pode ir a unha procesión, acudir á...
Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...
Mércores, 12 Agosto 2026

A Xunta chama «absentismo» ao colapso do Sergas

Galiza non ten unha taxa de baixas superior á doutras comunidades, senón unha duración media das incapacidades temporais desproporcionada, debido ás listaxes de agarda do Sergas, que bloquean as recuperacións; motivo polo que a CIG esixe a derrogación de calquera medida penalizadora da incapacidade temporal do persoal empregado público e o reforzo da atención sanitaria...