Novas por contido

A día 1 de marzo de 2019 estabamos negociando o Fondo de Acción Social (FAS) do ano 2018. Coa emerxencia sanitaria derivada do COVID-19 a Xunta de Galiza esqueceu o FAS 2019. Desde o ano 2012 o Fondo de Acción Social quedou recortado ao mínimo. En ningún destes nove últimos exercicios orzamentarios amosou a Xunta a máis mínima intención de reverter eses brutais recortes nos dereitos sociais do persoal.

Dende a CIG exiximos:

  • Dotar o Fondo de Acción Social da Xunta de Galiza co 1% da masa salarial.

  • Recuperar todas as axudas do Fondo de Acción Social que tiñamos antes da crise e aumentalas progresivamente.

  • Compatibilizar as axudas do Fondo de Acción Social que se reciban por parte dos e das empregadas públicas da Xunta con outras que poidan percibir como cidadán e cidadás beneficiarias.

  • Respectar unha distribución inversamente proporcional o nivel de renda das familias.

  • Inclusión no FAS da Xunta de Galiza dos beneficios ou axudas que existen noutras administracións ou mutualidades como MUFACE.

  • Que a solicitude de informes á Seguridade Social ou outro organismo para a xustificación da percepción das axudas do FAS debe facela directamente a Xunta de Galiza co permiso da persoa solicitante.

  • A resolución e aboamento do Fondo de Acción Social debe ser no mesmo ano natural da convocatoria para evitar ter que recorrer a declaracións complementarias do IRPF.

Na CIG consideramos que xa cumpre a recuperación das axudas recortadas dende o ano 2012, polo que esiximos a convocatoria inmediata da negociación do Fondo de Acción Social 2019 e o estudo da incorporación de posibles novas axudas urxentes para mitigar as consecuencias do COVID-19 no persoal empregado público da Xunta de Galiza.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...