Novas por contido

O xoves 11 de xuño as organizacións sindicais CIG, CCOO,CSIF e UGT temos convocada unha nova xornada de mobilizacións nos centros da Consellería de Política Social.

Como as anteriores xornadas, o motivo fundamental segue a ser a negativa da Consellería á recuperación dos dereitos que se manteñen recortados do V Convenio Colectivo Único do seu persoal dende o ano 2012 e o empeoramento das condicións laborais impostas coa escusa da crise sanitaria.

Os dereitos recortados desde a crise anterior produciron a amortización de parte do cadro de persoal e o aumento da carga de traballo. A esto sumámoslle a falta de medios materiais e o alongamento da situación de excepcionalidade nos centros de Politica Social que provocou a crise sanitaria do coronavirus e a falla de vontade negociadora da consellería. O persoal das residencias de maiores, centros de menores e centros de atención a persoas con discapacidade sairán en concentración diante dos seus centros de traballo na quenda de mañá entre as 11:00 e as 11:30 h. 
 

  • Data: Xoves, 11 de xuño de 2020

  • Hora: Entre as 11:00 e as 11:30 horas

Aínda que as concentracións vanse realizar a partir das 11 da mañá nos centros de toda Galiza, sinalamos as que convocamos como referencia para os medios de comunicación:

  • Ferrol: Residencia Maiores Caranza

  • Coruña: Residencia Maiores Oleiros, Torrente Ballester e CAPD Coruña

  • Santiago: Residencia de Maiores de Volta do Castro

  • Lugo: Residencia de Maiores As Gándaras. CAPD Sarria

  • Ourense: Residencia de Maiores Nosa Sra. dos Miragres (Cabeza de Vaca) - rolda de prensa

  • Pontevedra: Residencia de Maiores Campolongo

  • Vigo: CAPD Chapela e  o CARPD Vigo l

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.