Novas por contido

A CIG-Autonómica vén de presentar unha nova quenda de denuncias ante a Inspección de Traballo e a Seguridade Social de Ourense en materia de prevención de riscos laborais contra a xefatura territorial da Consellería Política Social, a xefatura territorial de Medio Rural e a xefatura territorial de Educación.

Estas denuncias seguen a outras que se fixeron nos centros residenciais, nos centros de día e no edificio administrativo. “Estas xefaturas seguen sen cumprir o deber de protección do seu persoal; nesta ocasión centrámonos tamén naquelas que desenvolven funcións administrativas, ademais de reiterar as denuncias sobre os centros residenciais, nos que seguen sen adoptar medidas”.

Tal é o caso do centro de menores da Carballeira, no que a Xunta continúa sen tomar medidas ou da xefatura de Medio Rural en Florentino Cuevillas, onde o persoal ten unha ventilación moi deficiente e comparte minúsculos habitáculos, e aos que nin sequera se lle dá máscara de protección”.

Tampouco se fixeron as avaliación de riscos laborais dos centros ou non se actualizaron con respecto ao risco biolóxico da covid, polo que nin se está a facilitar material de protección neste ámbito laboral, até o punto de que non se proporcionan máscaras cirúrxicas nin xel hidroalcólico na maioría dos casos.

“O persoal que traballa nos centros administrativos da nosa cidade, e tamén na administración periférica como son as oficinas agrarias comarcais, non foi formado nin informado das medidas preventivas do seu posto fronte á covid; só se fixo nalgúns postos puntuais de inspección, obviando o resto”.

Por iso criticamos que a pesar dos requirimentos e advertencias das delegadas e delegados de prevención da CIG os responsábeis da Xunta sigan ignorando a súa responsabilidade nesta materia. “En plena segunda onda é intolerábel esta situación, polo que acudimos á autoridade laboral para que inste a tomar medidas eficaces para protexer as persoas traballadoras do risco de contaxio por coronavirus, incluíndo a correspondente posta a disposición dos traballadores/as dos EPI axeitados ou dos medios de protección colectivos como máscaras, anteparos, xeles, produtos desinfectantes, etc”.

Lamentamos tamén a ausencia de teletraballo e de medidas organizativas que eviten a coincidencia do persoal nos centros denunciados (carteleiras de teletraballo ou traballo remoto, citacións, control de acceso, etc).

Principais demandas

Diante disto, dende a CIG-Autonómica reclamamos que se organice o traballo de xeito que se reduza o máis posíbel o número de persoas traballadoras expostas, establecendo quendas e posibilitando o teletraballo. Tamén solicitamos material preventivo axeitado: máscaras cirúrxicas, máscaras FFP2/FFP3, luvas desbotábeis, gafas antisalpicaduras e roupa de traballo desbotábel de protección segundo indique a ARL ou o RD 21/2020, así como instrucións para o seu uso adecuado.

Outra das demandas ten que ver coa adopción de medidas específicas para as persoas traballadoras especialmente sensíbeis (grupos de risco), suposto no que entenden que non é aceptábel a presenza física no lugar de traballo cando é compartido por un número importante de persoal e usuarias e usuarios, e moito menos a atención ao público.

Finalmente, instamos á Xunta a facilitar información e formación a todo o persoal en materia de medidas preventivas fronte á covid e a facer avaliacións de riscos laborais nos centros que carezan delas, así como que a levar a cabo actualizacións das mesmas en base ao novo contexto derivado dos gromos.

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...