Novas por contido

Con motivo da conmemoración, o vindeiro 25 de novembro, do Día Internacional contra a violencia contra as mulleres, a Secretaría das Mulleres da CIG vén de convocar as seguintes CONCENTRACIÓNS DE DELEGADAS E DELEGADOS DA CIG:

  • A CORUÑA: MÉRCORES, 25 de novembro de 2020, Día internacional da loita contra a violencia contra as mulleres, diante da Delegación do Goberno, na Praza de Ourense, nº 11, en horario de 12 a 13 horas,
  • AS PONTES: MÉRCORES, 25 de novembro de 2020, na Praza Do Hospital, en horario de 12 a 13 horas,
  • COMPOSTELA: MÉRCORES, 25 de novembro de 2020, diante do Complexo Administrativo de San Caetano, en horario de 12 a 13 horas,
  • FERROL: MÉRCORES, 25 de novembro de 2020, diante do Edificio da Xunta, en horario de 12 a 13 horas,
  • LUGO: MÉRCORES, 25 de novembro de 2020, diante da Subdelegación do Goberno, Rúa Armanyá, 10, en horario de 11 a 12 horas,
  • OURENSE: MÉRCORES, 25 de novembro de 2020, diante da Subdelegación do Goberno, no Parque San Lázaro,1, en horario de 12 a 13 horas,
  • PONTEVEDRA: MÉRCORES, 25 de novembro de 2020, diante da Subdelegación do Goberno, na Praza de España, en horario de 12 a 13 horas,
  • RIBEIRA: MÉRCORES, 25 de novembro de 2020, diante da Delegación do Goberno, na Praza de Ourense, nº 11, en horario de 11:30 a 12:30 horas,
  • VIGO: MÉRCORES, 25 de novembro de 2020, diante do Edificio da Xunta, en horario de 12 a 13 horas,
  • VILAGARCÍA: MÉRCORES, 25 de novembro de 2020, diante do Servizo Galego de Colocación, en horario de 12 a 13 horas,

O obxecto destas mobilizacións que se celebrarán simultaneamente nestas dez localidades galegas é denunciar que pese a que pandemia puxo de manifesto que as tarefas de coidados son traballos esenciais para sociedade, non foron nin están a ser obxecto dunha protección especial durante a crise sanitaria, non se puxeron en marcha políticas públicas para reforzar e revalorizar as profesións relacionadas cos coidados, nin se lexislou para garantir os dereitos de coidados das persoas, porque foi o capital quen xestionou a crise sanitaria e quen ditou a resposta a esta. Desde a CIG esiximos que é preciso que se lle dean ás tarefas de coidados o valor real que teñen como traballos esenciais para a sociedade. Porque como versa o lema da campaña da nosa central sindical: Descoidar a quen coida é violencia machista.

Ditas concentracións terán lugar adoptando as correspondentes medidas de distanciamento e seguridade conforme ás medidas de prevención instauradas ante a evolución da pandemia.

Paralelamente, facemos un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas pola Coordenadora Nacional da Marcha Mundial de Mulleres na Galiza (organización da que a CIG forma parte), e do resto de colectivos feministas o 25 de novembro:

http://feminismo.info/feminismo/blog/25n-na-rua-combater-a-violencia-machista-e-unha-prioridade-para-a-saude-de-todas/

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...