Novas por contido

No DOG do 15/06/2021 publican as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza de determinados grupos e categorías: grupo I, categorías 2 (médico e outras), 6 (titulado/a superior psicólogo/a) e 11 (titulado/a superior pedagogo/a), grupo II, categorías 2 (ATS e outras), 6 (educador/a, profesor/a especial), 11 (fisioterapeuta), 17 (asistente social) e 20 (terapeuta ocupacional), grupo III, categoría 50 (técnico/a especialista en xardín de infancia) e grupo IV, categoría 3 (auxiliar de clínica e outras).

As listas poderanse consultar no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, apartado de <listas de contratación>, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo).

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellaría de Facenda e Administración Pública. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Outras novas recentes

Mércores, 02 Xullo 2025

Confírmase a estafa: cando nos paguen os atrasos do 0,5% levaremos perdido o 2,30% en tan só tres anos

O Goberno ven de aprobar a suba salarial adicional do 0,5% confirmando a perda do poder adquisitivo do persoal empregado público . Esta miseria é froito do pacto salarial de CCOO e UGT, e agora pretenden de novo vender como un éxito o que foi un “pacto de perdas” Os tres protagonistas da última tomadura de cabelo ás empregadas e empregados públicos saíron nestas últimas...
Mércores, 02 Xullo 2025

A CIG mobilízase para reclamar a profesionalización das cociñas da Xunta e na defensa dos dereitos do persoal non docente

A CIG-Autonómica desenvolveu o luns 30 de xuño unha manifestación en Santiago na que participaron unhas 300 persoas traballadoras dos centros de ensino da Xunta para reclamar a profesionalización do sector e na defensa dos dereitos do persoal non docente dos centros de ensino públicos. Ao remate da marcha, que arrincou dende as instalacións da Consellaría de Educación en...
Mércores, 25 Xuño 2025

Concurso persoal veterinario e persoal de laboratorios, mantemento, condución, cociña, capataz, mecánico naval, patrón, guía patrimonio n...

Onte, día 24 de xuño foi a Mesa Sectorial de Funcionarios dous concursos no que se trataou o Concurso de Persoal Veterinario e o Concurso de persoal de laboratorios, mantemento, condución, cociña, capataz, mecánico naval, patrón, guía patrimonio natural, mariñeiro-vixiante, limpeza, subalterno. Tamén se nos aportou información importante sobre o concurso de "escalas...