Novas por contido

As oficinas agrarias de Castro Caldelas e da Pobra de Trives non poden ofrecer o seu servizo por carencias moi graves de persoal

Foron e son numerosas as campañas publicitarias da Consellería de Medio Rural e da Xunta de Galiza a respecto da importancia do rural e a loita contra o despoboamento. O propio presidente da Xunta , cualificou esta lexislatura como a “lexislatura do rural” pero estas palabras quédanse baleiras ante a realidade das oficinas agrarias comarcais que son un servizo esencial para o apoio e o fomento da actividade agraria e gandeira na Galiza.

Oficinas agrarias comarcais sen rexistro nin atención ao público

Como exemplo neste momento a Oficina Agraria de Castro Caldelas non dispón de ningún tipo de persoal administrativo xa que a única persoa que desenvolve ese traballo está de permiso de paternidade e a consellaría debe querer facer caixa a costa de non dar un servizo público. Esta carencia provoca que non se poda atender ao rexistro e que a oficina teña que pechar cando o persoal técnico ten que facer inspeccións obrigando as persoas usuarias a desprazarse más de 50 km ou a acudir a un xestor/a privado.

Non se cobren as prazas de persoal veterinario

Ademais diso o único persoal veterinario da oficina atópase de vacacións e a xefatura territorial tampouco cubriu a falta. Indicar que nesa oficina debera contar con dous veterinarios segundo establece a relación de postos de traballo de Medio Rural.
A Oficina Agraria da Pobra de Trives letra máis de tres meses sen ningún posto veterinario dos dous que forman a súa estrutura. Estase a funcionar, tanto a oficina de Trives como a de Castro Caldelas, coa única veterinaria de apoio da área o que produce que soamente poida estar media mañá en cada unha das comarcas co prexuízo para o servizo público que isto supón. Non se entende porque a Xunta non procede a sua cobertura mediante a chamada de persoal polas a unhas listas de contratación que conta con máis de medio cento de profesionais agardando soamente na provincia de Ourense.

Sen servizos públicos de atención e apoio non hai desenvolvemento no rural

Dende a CIG entendemos que esta é unha situación insostíbel para dar capacidade de resposta a dúas comarcas con gran actividade gandeira e agraria ademais de mermar considerabelmente os servizos públicos en zoas rurais, baleiradas e de montaña que adoecen significamente deles. Esto é unha tónica continuada na xestión das  OACs da provincia, exemplos como a de Viana ou a Rua que costou anos de demandas sindical e dos traballadores e protestas cidadáns para conseguir a cobertura dunha administrativo/a, unha situación de vergonzosa miseria.
Como se pode potenciar este sector primario  fundamental para o desenvolvemento económico das comarcas se o que facemos e desmantelar as oficinas agrarias comarcais?

Dende a CIG pedimos que Función Pública se deixe de hipocresías e esiximos a inmediata cobertura dos postos de traballo vacantes nas oficina agrarias para dar un servizo de calidade no rural.

Outras novas recentes

Xoves, 26 Xuño 2025

Improvisación do modelo único de oficina de emprego

O martes 24/06/25 tivemos unha nova reunión sobre a pretensión de reorganización do Servizo Público de Emprego de Galiza (SPEG) coa nova configuración da estrutura das oficinas de emprego. Hai que lembrar que a administración partía dunha proposta en que o servizo quedaba conformado polo seguinte persoal: Direccións, niveis 26 ou 25 sen manifestar criterio obxectivo para a...
Xoves, 03 Xullo 2025

Listas de substitucións definitivas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

No DOG do 03/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinadas escalas e especialidades da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza do Servizo de Prevención e...
Mércores, 25 Xuño 2025

Nova etapa para o persoal do Parque Nacional Illas Atlánticas

Grazas a un intensivo traballo sindical da CIG o persoal do PN das Illas Atlánticas regula e mellora notablemente as súas condicións de traballo. O Acordo foi asinado o mércores 25 de xuño coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático e o conselleiro de Facenda e Administración Pública. Dende a transferencia á Xunta en 2008, o Parque Nacional das Illas Atlánticas...