Novas por contido

É un feito patente que os datos que temos enriba da mesa no referente aos contaxios COVID en Galiza e a saturación dos servizos sanitarios fan que esteamos ante unha verdadeira emerxencia sanitaria.

Mentres os contaxios diarios rondan os 8.000 e o número de persoas infectadas superan xa os 70.000 a xunta fai mutis ante a petición de reforzo das medidas preventivas e a aplicación do teletraballo Covid alternado e con grupos burbulla

A Xunta esta tardar, outra vez, en tomar medidas para protexer ao seu persoal; a CIG Administración Autonómica remitiu un escrito antes do nadal tendo en conta as pésimas previsións que xa tiñamos daquela, onde solicitamos de novo a asunción inmediata do teletraballo COVID en base ao artigo 12 en base tamén recomendacións feitas polo Presidente do Goberno do estado español onde propuña o máximo teletraballo en todas as administracións públicas como prevención ante a vaga. Cos datos xa disparados na Galiza o director xeral da Función Pública, no que é a súa practica habitual, nin respostou ao escrito de solicitude nin tomou medidas complementarias para protexer ao persoal da Xunta de Galiza.

O persoal da Administración non é alleo aos embates da pandemia, e está a sufrir decenas de contaxios, a día de hoxe a Xunta é mais opaca ca nunca a hora de informar a representación do persoal dos positivos e incluso non sabemos a cantidade de empregados públicos que están de baixa médica por este motivo.

Ademais é necesaria e urxente a revisión das medidas preventivas e unha nova dotación de máscaras de protección ao persoal. E incrible que case dous anos despois esteamos demandando as mesmas cuestións que ao comezo da pandemia: A Xunta non aprende simplemente porque non lle da a gana ou  PORQUE QUERE QUE AS COUSAS VAIAN MAL PARA a sua ofensiva política contra o goberno estatal?

Así neste marco de contaxios xeralizados a CIG SOLICITA:

1.- A adopción inmediata do teletraballo COVID, no marco da emerxencia sanitaria destas datas, e no marco do Acordo de Teletraballo.

2.- Información detallada de datos de persoal contaxiado pola COVID por consellerías e localidade e número de baixas do persoal por centro de traballo. É vergonzoso que a día de hoxe haxa un apagón informativo sobre as ausencias por contaxio. Mesmo no resto de ondas había consellerías que informaban a cada Xunta de Persoal dos casos, pero esa información hoxe esta a ser ocultada deliberadamente.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...