Novas por contido

As oficinas de emprego de Vigo que atenden a unha maior poboación, a de Navia, a de López Mora, Sanjurjo e a de O Calvario, sofren unha constante destrución de efectivos pola desidia ou incompetencia da xefatura territorial de Emprego e de Igualdade.

As vacantes ofértanse en comisión de servizos despois das oportunas reclamacións. Os postos base quedan desertos con esta modalidade e non se están ofertando ás listas de contratación temporal.

Postos de dirección vacantes están máis dun mes sen dotarse co agravante de que a maior parte das veces a súa cobertura, en comisión, é con persoal procedentes destas oficinas de emprego que non son substituídos coa celeridade necesaria.

Noutros casos, as necesidades puntuais de persoal para a xefatura de Vigo son satisfeitas con funcionarios procedentes destas oficinas os que non son substituídos de ningunha maneira.

É certo que os postos de traballo das oficinas de emprego teñen unha importante sobrecarga polo que non é doado a súa cobertura en comisión se non teñen un nivel que o compense. Tamén é certo que as listas de contratación están saturadas de persoas que desexan traballar e aboaron taxas por unha expectativa de emprego moi incerta.

Estes postos de traballo, que non se cobren e que teñen a súa dotación económica nos orzamentos, son unha importante fonte de aforro para a Xunta en detrimento das condicións de traballo das funcionarias que teñen que dar resposta si ou si ás necesidade dos desempregados usuarios, pois estes non son responsables nin poden sufrir as consecuencias desta deriva ideolóxica de desmantelamento dos servizos públicos

Esiximos a inmediata oferta en comisión de servizo de todos os postos vacantes das oficinas de emprego e, onde non se cubran por esta modalidade, se acuda ás listas de contratación con carácter de urxencia.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.