Novas por contido

A CIG-Autonómica cualifica o anuncio de Feijoo de abrir 80 Casas do Maior de aparcadoiros de anciáns sen servizos integrais de coidados e constitúen a proba do desmantelamento dos servizos públicos

En declaracións do Presidente, a Xunta repartirá 5,3 millóns de euros para empresas privadas. Na CIG-Autonómica criticamos a medida por falta de control de servizos e promover “aparcadoiros de anciáns” en lugar de investir en centros de xestión pública garantes de bo servizo e condición laborais. Denuciamos tamén o desmantelamento progresivo dos servizos de atención aos maiores por mor das políticas do goberno do PP.

Estas casas do maior poderían acoller ata cinco maiores e unha soa persoa tería que atender e transportar a todos os usuarios. Non se prevé ningún tipo de atención especializada e profesional para o benestar e garantir unha atención axeitada para as súas necesidades. Na CIG rexeitamos tanto este modelo mínimo como tamén as macrorresidencias que non son garantes de atención nin de dereitos laborais. Propoñemos un modelo de fortalecemento da atención no seu propio domicilio complementada con servizos sociocumunitarios. E cando non sexa posible esa atención domiciliaria debérase acudir a centros de dia próximos e cos servizos completos.

Hoxe xa existen centros de Día dependentes do Consorcio de Igualdade de Benestar xestionados pola Xunta e repartidos por todo o territorio galego nos que se atende a persoas dependentes e autónomas. Pero neses centros levamos anos nos que non se inviste nin en persoal nin en medios, derivando recursos propios cara os centros privados. Aínda así, na maioría deles contan con multitude de servizos con persoal propio cualificado, cunha equipa técnica de traballadora social, enfermeira, psicóloga, que presta un servizo integral e que necesitan investimento para mellorar a calidade e reforzalos.

Ademais temos os centros sociocomunitarios, que foron concibidos para prestar servizo aos maiores non dependentes no seu entorno, e nos que había traballadores sociais, podólogos/as, servizo de perruquería, cafetería, nos que se programaban actividades, cursos, viaxes, etc.. Na actualidade os poucos que se manteñen en uso convertéronse nunha simple cafetería con lectura, contan con escasísimo persoal, polo que perderon as funcións para os que foron creados. Coidamos que é esencial reforzar e ampliar a cobertura destes centros que se atopan tanto nas cidades como en vilas do rural. En lugar diso, Feijoo incentiva a creación de empresas, con cartos públicos, pasando o que debería ser un servizo público a ser un reparto de cartos a empresas, que perseguen un fin lucrativo, e non o benestar das persoas, e que durante esta pandemia puidemos comprobar como funcionan as empresas privadas, que perseguen beneficios económicos a costa do benestar e dignidade das persoas mais vulnerables da sociedade, como son os maiores.

Esiximos que se invistan eses orzamentos no público, completando unha rede de servizos de coidado no propio entorno das persoas maiores, garante da calidade e profesionalidade dos servizos que se prestan por parte da Administración cos recursos de todos os galegos e galegas.

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...