Novas por contido

O xoves día 20 houbo a derradeira reunión da comisión de avaliación do concurso xeral e  acordouse o seguinte:

• Resolvéronse as últimas alegacións.

• Decidiuse sobre as renuncias totais, parciais e desestimentos de renuncias.

• Acordouse que aquelas persoas funcionarias coa obriga de concursar ao estar en adscrición provisional ou a dispor, e que non solicitaron todos os postos vacantes na súa localidade, se lles asignará de oficio e de xeito aleatorio un posto dos que queden vacantes.

• Aquel persoal que non validou ou conformou mal a certificación de méritos (sobre 280 persoas) non están excluídos do concurso pero participan con 0 puntos.

Agora ESTÁ XA TODO NO TELLADO DE FUNCIÓN PÚBLICA para aprobalo e publicalo.

Malia que PREGUNTAMOS CANDO SE VAI PUBLICA, NON QUIXERON DAR DATAS, porque é unha decisión que ten que tomar o director xeral. Pero dános a impresión de que presa parece que non teñen, porque están á espera do remate dos procesos selectivos, cuestión que a CIG xa propuxo solucionar sen éxito hai máis dun ano.

Incluso planeou a idea de que teñen que analizar como afecta a nova lei de estabilización de emprego porque, segundo din, hai prazas no concurso que poderían estar afectadas ao estar ocupadas por persoal interino durante máis de seis anos

En definitiva, que todo vai depender da decisión política de si se publica agora ou non, polo que solicitamos unha reunión co director xeral para que diga dunha vez que pensa facer, e de paso nos explique como vai solucionar o totum revolutum das tomas de posesión do persoal que concursou, do que está en destino provisional e de todos os procesos pendentes de promoción interna e libre.

Non esquecemos os concursos de escalas, de administración especial e de persoal laboral. É unha vergoña que nalgún caso vaian máis de 10 anos da anterior convocatoria. E no de laborais, que abertamente digan que non haberá nunca máis.

Outras novas recentes

Venres, 03 Mai 2024

Listas de substitución de persoal funcionario e laboral: actualización provisional dos méritos

No DOG do 03/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos, correspondente ao ano 2023, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Publican a...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...
Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...