Novas por contido

Nota: a media mañá do 11/04/22, recibimos un novo listado de prazas que substitúe ao anterior. Este é o novo listado.

A Dirección Xeral de Función Pública envía unha proposta de prazas dispoñíbeis para a elección de destino dos funcionarios e funcionarias de promoción interna e acceso libre que están actualmente en destino provisional.

A relación de prazas son resultado das vacantes do concurso de traslados de corpos xerais e, segundo a DXFP, serían TODAS prazas sobrantes do concurso de traslados coa única excepción de A2, que por falta de postos necesitaron botar man de prazas vacantes de nivel 18 en Compostela que non pasaron polo concurso. 

No listado hai que destacar que desapareceron numerosas prazas. Hai que ter en conta o que din as bases do concurso de traslados: “A adxudicación dun posto de resultas estará condicionada a que o dito posto sexa de necesaria cobertura”. É dicir, que a Administración resérvase o dereito de retirar do concurso as prazas de resultas que considere que queren amortizar, por exemplo. Esto xa o fixeran no concurso anterior, convocado no ano 2015. Daquelas, foran 13 as prazas de resultas retiradas por proposta de amortización.

No momento da negociación do concurso, a CIG solicitou a retirada deste parágrafo, e que se ofertasen todas as prazas.

Temos de prazo ata o día 20 para alegar ao listado de prazas, polo que queremos saber as prazas retiradas do concurso e o motivo. Se queres achegarnos algo, contacta coa CIG.

Outras novas recentes

Martes, 07 Mai 2024

Convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

Recibimos unha comunicación da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (antiga DXFP), na que confirman que o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpos xerais), será publicado no DOG do mércores 15 de maio. O prazo para a presentación de solicitudes de...
Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, ...

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.  Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a...