Novas por contido

No DOG do 10/05/2022 publican a RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a relación de persoas admitidas e excluídas con carácter definitivo que solicitaron a inclusión nas listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinados corpos, escalas ou especialidades, ao abeiro do establecido no artigo 5.2 da Orde do 20 de xullo de 2021 e a nova valoración definitiva dos méritos de todas as persoas admitidas nas devanditas listas.

Fan públicas as listas definitivas únicas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo desta resolución

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <listas de contratacion>; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo).

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

ANEXO

Corpos e escalas de persoal funcionario

Grupo Corpo/escala Denominacion
A1 205G Escala de sistemas e tecnoloxía da información
A1 2060 Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
A1 2062 Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos
A1 2064 Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial
A2 2051 Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
A2 205H Escala de xestión de sistemas de informática
A2 2077 Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola
C1 2053 Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
C1 205I Escala técnica auxiliar de informática
C2 2059 Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
  2055 Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

 

 

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...