Novas por contido

A Dirección Xeral de Defensa do Monte comunicounos unha proposta de instrución ás organizacións sindicais, que vai supor a gratificación extraordinaria das horas de prolongación de xornada realizadas polo persoal do SPIF no período comprendido entre o 14 de xullo e o 31 de agosto. A metade das horas realizadas vanse compensar en tempo de descanso e a outra metade de xeito económico. Esto foi nunha reunión mantida o día 5 de outubro e aínda estamos a espera de recibir a proposta concreta.

A nivel xeral, na CIG queremos manifestar o desacordo coas gratificacións económicas extraordinarias por exceso de xornada ao traballar nos lumes. Por suposto que se debe ver recompensado o sobreesforzo realizado dos máis de 2000 traballadores/as do SPIF, pero esta gratificación non pode tapar o feito de que se fixeron xornadas por riba do máximo legal permitido, motivadas en gran parte polo enorme número de prazas sen ocupar e a falta de reforzo no propio servizo.

Dende a CIG xa solicitamos a cobertura de todas as prazas, a substitución áxil das baixas e incluso a cobertura das vacacións e un SALARIO DIGNO para o persoal. Mais a Consellería do Medio Rural prefire agora retribuír os abusos realizados que ter o servizo cuberto ao 100% tal e coma se espera dun servizo de emerxencias, e cun respecto axeitado pola prevención de riscos laborais dunhas labouras de extinción cada vez máis perigosas.

Pagar os abusos nas xornadas significa pagar xornadas de mais de 12 horas loitando contra o lume. O que realmente nos preocupa é que se consolide esta práctica: abusar do persoal e logo tratar de compensar.

Por todo isto, dende a CIG acabamos de propoñerlle á Dirección Xeral de Defensa do Monte que compense todas as horas de prolongación realizadas con tempo de descanso. Ademais, que empregue os fondos previstos en ampliar o tempo de traballo do persoal descontinuo e contratar persoal para poder encher os ocos no servizo que xerarían estas compensacións.

Esto recoñecería o esforzo realizado que dignifica ao servizo: fortalecer o cadro persoal e negociar melloras nas condicións laborais O persoal descontinuo demanda ampliar o seu tempo de traballo e non vale facer trampas con declaracións coma as que fixo o presidente Rueda. O persoal de 9 meses ao que segundo as súas declaracións se lle ampliaba o tempo de traballo xa estaba previsto que se lle ampliara debido á funcionarización.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...