Novas por contido

Co gallo de integrar os postos de traballo do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza a CMATV propuxo modificar as funcións da escala técnica de recursos naturais e forestais, a escala de gardas de recursos naturais e crear novas especialidades.

Na Comisión de persoal do día 11.10.2022 aprobouse co voto en contra da CIG o anteproxecto de Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza. Este anteproxecto inclúe modificacións e creación de novas especialidades en diferentes escalas, relacionadas directamente coa Consellaría de Medio Ambiente Territorio e Vivenda (CMATV) e o Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza (PNIAG).

O texto coas modificacións facilitouse sen tempo, un venres á tarde para levar a Mesa Xeral o luns, e á Comisión de Persoal o martes para a súa aprobación. O devandito documento crea novas especialidades  na escala técnica de recursos naturais e forestais (capataz, mecánico naval, patrón de embarcación e guía-intérprete de patrimonio natural) e na escala auxiliar de recursos naturais e forestais (oficial e mariñeiro-vixilante), e modifica substancialmente a escala de gardas de recursos naturais que suma 11 novas funcións alleas á escala, convertendoa na escala con máis funcións e máis heteroxénea de toda a Lei de emprego público de Galiza.

Semellantes modificacións pretendíanse “despachar” en dous días, sen negociación previa coa CMATV e sen tempo material para consultar co persoal afectado. 

Coa pretensión de “acomodar” as supostas necesidades do PNIAG, o primeiro borrador recollía para a especialidade de capatáz e a escala de gardas o texto: “ademais, no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas ...”, seguido dun relato de diferentes traballos e responsabilidades propias doutras categorías e escalas. Porén, unha única escala asume o traballo propio dun equipo multidisciplinar de traballadores/as.

Coa súa proposta, todas as escalas afectadas inclúen todas as funcións “requiridas” polo PNMTIAG. A CIG denuncia o abuso da Administración cara ó persoal do PNIAG por:

- abusiva, por incrementar dráticamente as funcións e responsabilidades das escalas e especialidades.

- irracional, por concentrar funcións propias de a lo menos 5 escalas e especialidades diferentes nunha soa.

- inaceptable, por comprometer a funcionarización e estabilización do persoal, ao que se lle pretende exixir formacións profesionais complementarias vinculadas ás novas funcións que o 99% do persoal non posúe.

A proposta foi aprobada en Comisión de Persoal co único voto en contra da CIG e o director xeral de Función Pública deriva as posibles modificacións do texto ao trámite de emendas no Parlamento de Galiza.

As necesidades do Parque Nacional

As supostas necesidades do PNIAG nunca as chegaron a expoñer claramente, aínda que examinada a proposta inicial a intención era fornecerse de postos de traballo onde o persoal non poida evitar o abuso, en tanto que o abano de funcións no anteproxecto de Lei comprende todas as posibilidades imaxinables: desbroce, manexo de maquinaria pesada, manexo de embarcacións, limpeza de instalacións, vixilancia, policía, custodia, asesoramento,  coordinación, mantemento de maquinaria e instalacións, etc., todo isto para a mesma escala/especialidade. En resumo a intención inicial era crear unha realidade paralela no PNIAG onde o persoal funcionario debe asumir por lei o abuso, cunha acumulación de funcións, responsabilidades e requisitos que nós nunca víramos na Administración.

A CIG debullou o documento argumentando os motivos da nosa postura inicial (voto en contra) e demostrando o irracional da proposta. Como resultado a Consellaría fai unha viraxe total do rumbo inicial e acepta practicamente a totalidade das nosas alegacións, eliminando todas aquelas funcións propostas polo Parque Nacional que non eran propias das escalas afectadas, como se todo tivera sido un mal soño.

Cando nun órgano ou servizo da Administración existen necesidades non cubertas polo persoal que ten adscrito ou quere asumir novas responsabilidades e funcións, débese modificar a RPT en cuestión e crear novos postos de traballo que cubran esas eivas e non o que se pretendía con esta fea manobra expréss, que modificaba as condicións de traballo do persoal de toda unha Consellaría para tapar a falta de persoal no PNIAG.


A CIG loita para mellorar as condicións de traballo das persoas e  rexeita os malos modos e a mala fe na negociación colectiva, que unha vez máis foi o xeito escollido ao inicio desta negociación. Nesta ocasión con moito traballo e diálogo démoslle a volta a situacións e solucionouse o que podería chegar a ser un  abuso con graves consecuencias para o persoal.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...