Novas por contido

No DOG do 23/01/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral e da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022, polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías da administración xeral e da administración especial da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

Ante as dúbidas xurdidas na interpretación das bases das convocatorias dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, convocados mediante o sistema de concurso e concurso-oposición, procédese a modificar as bases publicadas e a corrixir os erros detectados.

Para garantir a prestación dos servizos en condicións de seguridade e protexer a saúde do empregado publico, para as escalas/especialidades e categorías vinculadas ao servizo de prevención e defensa contra incendios forestais e ao servizo de gardacostas de Galiza, engadese unha/s proba/s física/s.

Dado que o prazo de presentación de solicitudes de participación nos procesos selectivos extraordinarios de estabilización iniciouse o 16 de xaneiro e que as modificacións que se engaden ás bases son de carácter esencial, en aras de garantir a igualdade no acceso e para evitar situacións de indefensión, considérase necesario ampliar o prazo de presentación de instancias ata o día 17 de febreiro (incluído), ao abeiro do disposto no artigo 32 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Outras novas recentes

Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, ...

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.  Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a...
Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...