Novas por contido

No DOG do 13/02/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2023 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG).

Convócanse 2.000 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galiza e que a seguir se relacionan:

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019).

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019).

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer).

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019).

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019).

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows 10).

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/ Linux Debian 9).

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galiza; da Administración de xustiza, das entidades locais de Galiza e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (en diante, SUG), que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 20 de febreiro de 2023.

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...