Novas por contido

O pasado 31 de marzo tivo lugar unha xuntanza co director xeral de Función Pública (DXFP) previa á Mesa Xeral, na que se trataron os seguintes asuntos: Lei de igualdade e funcionarización do persoal laboral do grupo V (limpeza e cociña).

LEI DE IGUALDADE

A CIG manifesta:

  • Non entendemos a necesidade de ter unha nova lei de igualdade, pois o que nos presentan non incorpora novos dereitos e arrastra terminoloxía e artigos enteiros da lei anterior. Algo estaremos a facer mal cando temos que repetir o mesmo.
  • A maioría de mulleres que existe na administración non é síntoma de igualdade, pois mantéñense sectores infrarrepresentados.
  • A Administración pública ten un amplo sector de coidados e limpeza, amplamente feminizado pero con salarios globais máis baixos, polo que debería de establecerse medidas de revisión e suba salarial. Buscar mecanismos para acabar co chan pegañento. Fomentar a promoción.
  • A lei só fala de acosos por razón de sexo ou acoso sexual. A sociedade é máis diversa e débense protexer os dereitos de todas as persoas.
  • Esta lei vai en paralelo coa negociación do Plan de Igualdade e o Protocolo, polo que a negociación dunha e outra deben de ir en paralelo e ser acordes.

O DXFP limítase a abrir un novo prazo para presentar alegacións.

FUNCIONARIZACIÓN DO GRUPO V (limpeza e cociña)

O DXFP comunica:

  • Os sindicatos presentamos basicamente alegacións de dous tipos: non ao nivel 9 mínimo, e homoxeneización de niveis en postos coas mesmas características.
  • Están a estudar aceptar que o nivel mínimo sexa o 10, como co actual persoal funcionario de agrupación profesional. O luns poderían dar resposta.
  • Consideran que xa están a homoxeneizar os niveis e en todo caso non existe xurisprudencia uniforme. Non aceptan máis alegacións a postos concretos agás un caso que están a estudar.
  • A proposta irá á seguinte Mesa Xeral e Comisión de Persoal, coa intención de tela en vigor o día 1 de maio e proceder coa funcionarización.

A CIG manifesta:

  • Congratulámonos pola posibilidade de que o nivel mínimo quede en 10. De non ser así sería discriminatorio e sexista. Agardamos ao que resposten o luns.
  • Mantemos discrepancias cos datos de prazas entre documentos (2.239/2.429 postos).
  • Manifestamos dúbidas sobre o proceso de estabilización do persoal fixo-descontinuo.
  • Hai 5 postos que amplían a xornada completa pero seguen aparecendo como parcial na memoria achegada.
  • O persoal de fin de semana non se funcionariza pero esiximos a retirada da observación: “por non ter carácter permanente” na memoria achegada.
  • Continúan sen resolver as dúbidas respecto do persoal laboral fixo en destino provisional do proceso con toma de posesión en maio 2021.
  • Non achegaron a relación de postos con “mochila”.
  • Xornada parcial: cómo se vai xestionar a compatibilidade? Cando se vai a negociar unha posible reestructuración?
  • Demandamos información de como será a xestión das listas de substitucións unha vez feita a funcionarización.
  • Teimamos en que segue pendente homoxeneizar postos.
  • Mantemos as alegacións a postos concretos comunicados por escrito.

Outras novas recentes

Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...