Novas por contido

Pasarían por diante os procesos de libre e de estabilización, malia que as prazas de promoción interna son de ofertas de emprego anteriores

A propaganda política ten consecuencias que o persoal funcionario pode pagar. En xuño convocaron 506 prazas por acceso libre para os corpos xerais que anunciaron aos catro ventos falando de oportunidades de emprego para a cidadanía, etc. Como os prazos son os que son non quedou outra que poñer para este mes de xullo as datas dos exames.

E mentres convocaban xa hai un ano estas prazas das OEP´s de 2020 e 2021 deixaban sen convocar a promoción interna deses mesmos anos e, a maiores, a de 2022, como xa che contamos aquí. Ademais destas tres ofertas sen executar, habería que sumar a promoción interna da OEP de 2023 que a Xunta tampouco quere aprobar.

E agora, cando os exames de libre xa están fixados para este mes de xullo nos din que falaremos da promoción interna... en setembro!!!

Cos ritmos que ten Función Pública iso implica que os exames serán no 2024 e igual a toma de posesión no 2025, cando xa estean resoltos e feitas as tomas de posesión dos procesos de libre e de estabilización de OEP´s posteriores.

Non se pode adiar máis a promoción interna nin castigar ao persoal funcionario de carreira sen oportunidades de promoción. A promoción interna débese negociar no que queda de maio e principios de xuño, e debe publicarse a convocatoria no mes de xuño e fixar os exames para fin de ano, ou en todo caso ten que rematar antes ou simultaneamente cos procesos de libre e estabilización.

Seguimos mantendo que a prelación para optar aos postos de traballo na Xunta deber ser 1º concurso de traslados, 2º promocións anteriores que estean actualmente en destino provisional, 3º persoal de promoción interna e 4º persoal de estabilización e libre.

Tratar de relegar ás persoas que teñen dereito a promocionar, non convocando xa, ou incluso manexando a posibilidade de deixar caducar as ofertas de emprego é síntoma da nefasta xestión e escuros intereses que se manexan en Función Pública.

Lembramos aquí as prazas de corpos xerais que están sen convocar cando as de libre xa teñen data de exame:

 

PROMOCIÓN INTERNA NON CONVOCADA (OEP´s 2020, 2021, 2022)
CORPOS PRAZAS
Corpo superior (subgrupo A1) 50
Corpo de xestión (subgrupo A2) 275
Corpo administrativo (subgrupo C1) 422
Corpo auxiliar (subgrupo C2) 195
TOTAL 942

 

E en breve falaremos tamén das poucas opcións de promoción interna vertical e horizontal de determinadas escalas, así como de desenvolver un novo modelo de promoción interna tendo en conta que ten que ser máis livián promocionar que acceder á condición de persoal funcionario de carreira, algo que aínda que parece lóxico nestes momentos non sucede. 

PROMOCIÓN INTERNA XA!!

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...