Novas por contido

Na xuntanza que tivemos co director xeral de Función Pública o venres 7 de xullo para tratar o acordo de condicións de traballo do persoal farmacéutico inspector (FISP), o DXFP facilitou información doutros asuntos:

  • Concurso de traslados de Administración especial. Ler máis

  • Fondo de Acción Social: o venres 14 publicarán a listaxe provisional

  • Procesos de estabilización derivados da Lei 20/21: 
    • O mércores 12 publicarán as listaxes provisionais de persoas admitidas/excluidas de C2.
    • O venres 14 publicarán de A.P. E con isto estarían todas publicadas
    • Os exames de galego en setembro
    • Prioridade o concurso de méritos sobre o concurso-oposición

  • Para os concursos de traslados irán todas as prazas vacantes. A resolución sería despois dos procesos selectivos.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...