Novas por contido

A inspección de Traballo e Seguridade Social de Vigo levanta acta de liquidación contra Política Social por non cotizar polas diferenzas salariais de dous anos de atrasos dun traballador

O persoal empregado público da Consellaría de Política Social en situación similar ten que denunciar diante da Inspección de Traballo e Seguridade Social o cumprimento da normativa sobre cotización e liquidación de dereitos da Seguridade Social.

Aqueles traballadores e traballadoras que perciben diferencias retributivas, referidas a un período determinado, ven como Política Social non regulariza as bases de cotización e a liquidación para cada un dos meses nos que se devengou o dereito, senón que acumula todas as cotizacións nun só mes, aínda que eses atrasos superen a base máxima de cotización.

Esta diferencia que supere a base máxima de cotización non é cotizada nin liquidada, producindo un fraude no ingreso de cotas e un claro prexuízo para o traballador/a nas súas bases de cotización que serán inferiores ás reais por non comprender os importes que superen a base máxima dese mes e para ese grupo de cotización.

A normativa da Seguridade Social sobre a cotización e a liquidación, regulada polos art. 18, 141, 142, 144, 145, 146 e 147 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2105, establece que a “base de cotización para todas as continxencias e situacións amparadas pola acción protectora do Réxime Xeral, incluídas as de accidente de traballo e enfermidade profesional, estará constituída pola remuneración total, calquera que sexa a súa forma ou denominación, tanto en metálico coma en especie, que con carácter mensual teña dereito a percibir o traballador ou asimilado, ou a que efectivamente perciba de ser esta superior, por razón do traballo que desenvolva por conta allea.

Así, naqueles supostos de abono de salarios con carácter retroactivo, as cotizacións efectuaranse mediante a correspondente liquidación complementaria e, a este fin, tomaranse as bases, topes, tipos e condición vixentes nos meses a que eses salarios correspondan.

Esta acta de de liquidación obriga a Política Social á cotización e ao pago de cotas, tanto por continxencias comúns como por accidentes e enfermidades profesionais, tanto a cota empresarial coma a do traballador, deses dous anos de diferenzas salariais, ademais dun recargo do 20% sobre as cotas debidas.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...