Novas por contido

Desexabamos que o I Plan de Igualdade para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galiza trouxera avances en materia de conciliación familiar pero quedou nunha simple declaración de intencións que non achega nada novo. Ao igual que a Lei de impulso demográfico, coa que o goberno do PP nos encheu de propaganda da súa marabillosa receita para acabar co envellecemento poboacional, pero que segue sen desenvolverse a pesar de que o prazo máximo era dun ano dende a súa publicación o 2 de febreiro de 2021.

Así, na Galiza, a Xunta, que tería que ser referente para outras administracións e o sector privado en facilitar a conciliación para o fomento da natalidade e o benestar social das familias, o que fai é vender fume e nin sequera aplicar adecuadamente o que xa lexislaron no goberno do Estado Español e dende a Unión Europea.

A proposta da Administración autonómica en materia de flexibilización horaria

A Administración leva máis dun ano activando (xa van tres veces) e logo parando a negociación da Orde que regulará a flexibilidade por conciliación. A proposta que levaron á mesa de negociación limita o dereito de flexibilidade ao marcar prioridades e vinculalo ás necesidades do servizo. Débeselle “facer moito” permitir conciliar ao seu persoal. Nin sequera se propón ampliar ou dimensionar os cadros de persoal cando temos unha atención directa ao usuario/a ou buscar outras medidas organizativas.

E, que coa Lei de impulso demográfico, ampliaron a posibilidade de acollerse á flexibilidade por fillos/as menores de 18 anos, sorprendéndonos a todas, xa que levabamos anos a esixir pasar dos 12 actuais aos 14 anos (iso si, moitas das veces, e en moitas das consellerías, non dan a flexibilidade nin que sexan crianzas de dous anos). Pero A realidade é que, dous anos despois, aínda non se está aplicar e moitas familias de empregadas e empregados públicos comezaron o curso escolar 2023-2024 sen poder acollerse á flexibilización prometida.

Non é nada novo para o PP, facer campaña e propaganda cando só compilan medidas que xa estaban noutra lexislación, como queren facer na Lei de igualdade e na Lei de familias. Ao final, os datos dirán se medramos ou seguimos a decrecer demográficamente e como a pirámide poboacional crece invertida na Galiza.

En definitiva, non estamos a falar dun capricho individual para “funcionarios escaqueados” como nos queren vender, a conciliación familiar é un beneficio social que aumenta o benestar das familias e reduce o gasto público propio e dos servizos de atención social.

É unha cuestión fundamental para o desenvolvemento do país, para facer de ”punta de lanza” para outros sectores e, xa avisamos...

Na CIG non nos imos conformar cunha conciliación de rebaixas!

 

Outras novas recentes

Xoves, 19 Setembro 2024

A CIG levara á Inspección de Traballo a quen Fabiola García identifique como ordenante da retirada de cartaces en San Caetano

A denuncia da CIG de NON cobertura dunha axudante de cociña na Escola Infantil de Vite, mobilizou a diverso persoal de confianza do Gabinete da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, que procederon a retirar os cartaces de denuncia colocados por membros da CIG nos taboleiros de anuncios de San Caetano. Tamén o retiraron de mobiliario que se utiliza...
Mércores, 11 Setembro 2024

A CIG pide o cesamento de Eloína Núñez: non pode protexer aos maiores quen non permitiu que os tratasen nos hospitais públicos

O protocolo deseñado pola ex xerente do SERGAS non permitía atender de Covid-19 aos enfermos procedentes das residencias. A CIG-Autonómica, que representa ás persoas traballadoras da Consellería de Política Social e Igualdade, critica, denuncia e pide o cesamento da ex xerente do Sergas que non foi capaz durante a pandemia de protexer e coidar aos maiores e agora noméaselle...
Mércores, 11 Setembro 2024

Eloína, a curmá de Feijoo, enchufada ás agachadas sen nomeala por libre designación

Utilizan en fraude de lei a figura da comisión de servizos, que a lei establece como excepcional, para que non tivera publicidade a través do DOG. Cando se soubo que Eloína Núñez pasou a desempeñar o posto de subdirectora xeral houbo quen pensou que o seu nomeamento se publicaría no DOG despois de convocar o posto polo procedemento de libre designación. Pero isto implicaría...