Novas por contido

No DOG do 06/10/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 22 de maio de 2023 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 14 de xullo de 2021.

Engaden, como anexo III da resolución, os destinos adxudicados na fase de resultas.

- RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023 pola que se abre o prazo posesorio dos postos adxudicados en virtude da Resolución do 22 de maio de 2023 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 14 de xullo de 2021.

De conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 9 de outubro de 2023.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e empezará a computarse o día 10 de outubro de 2023.

 

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...